Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A historia do Banquete de Conxo recollida nun libro

consorcio presentado o libro sobre o banquete de conxo slide 26 de xaneiro do 2017_r

Compostela, 26 de xaneiro do 2017 – O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publican Os últimos carballos do Banquete de Conxo, unha visión orixinal do xantar pola liberdade que tivo lugar en Conxo en 1856 e de onde sairían os promotores do Rexurdimento da cultura galega.

O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester xunto a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; e o director da editorial Alvarellos e coautor do libro, Henrique Alvarellos; xunto aos outros tres autores: Xurxo Martínez, Francisco Singul e Martín Souto.

Este libro publícase 160 anos e medio despois da celebración do histórico Banquete de Conxo nunha carballeira ao pé do río Sar. Este lugar sitúase ao sur da cidade de Santiago, no actual barrio de Conxo. Un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un feito insólito: un banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e obreiros. De aquí xurdiría a xeración que logo ía impulsar o Rexurdimento galego.

A publicación ofrece un paseo -con sesenta imaxes actuais e históricas, debuxos e planos- polas voces e os nomes que alimentaron este espazo mítico. “Neste terreo, localizado nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen, posiblemente, os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia” -destacan os autores-.

“Quixemos escribir algo novo -ou diferente, quizais, para a maioría- sobre Conxo e o seu Banquete democrático celebrado na carballeira deste barrio compostelán, que foi Concello durante case un século, dende 1936 ata 1925” -sinala Henrique Alvarellos-. Varios historiadores teñen estudado o seu significado e contexto históricos. Agora faise un percorrido a xeito de crónica por algúns anacos esquecidos deste acontecemento e do lugar que o acolleu, un souto que xa versou no século XIII o trobador Joam Airas.

Un xornalista, un filólogo, un historiador e un biólogo

A publicación recolle catro crónicas de catro autores. O xornalista e editor Henrique Alvarellos, coordinador da edición, fai un percorrido no tempo e na memoria. Primeiro, con Federico García Lorca, que, nunha viaxe de estudos a Compostela en 1916, cando tiña 18 anos, visitou xunto aos seus compañeiros o mosteiro de Conxo, atraídos probablemente pola beleza e singularidade do seu claustro románico.

O periplo continúa cos exiliados e emigrados galegos a América nos anos máis escuros; en 1956 reuníronse 1.500 persoas en Bos Aires en memoria do Banquete de Conxo. O xornalista aborda tamén unha carta de Ramón Cabanillas e Enrique Peinador na que se fai referencia ao banquete.

A viaxe segue no bosque, a través da palabra do poeta Aurelio Aguirre, un dos protagonistas daquel xantar, e a voz fundacional de Antonio Neira de Mosquera. E remata coa paixón por Conxo de Rosalía de Castro, lugar onde naceu e ao que tan unida estivo sempre, tal como se reflicte na súa obra; mesmo chegou a denunciar en 1882 a tala masiva de carballos neste bosque.

A explicación do contexto político e cultural do Banquete achégaa o investigador Xurxo Martínez, filólogo e especialista no Rexurdimento. As orixes do Mosteiro de Conxo -en cuxa finca desamortizada se celebrou o acto-, a súa fonda vinculación co fenómeno xacobeo e a descrición dos seus valores artísticos e arquitectónicos corresponde ao historiador Francisco Singul. E a publicación conclúe cun estudo botánico do bosque, realizado polo biólogo Martín Souto, que coas súas descricións e tamén coas súas ilustracións permítenos facer un percorrido polo bosque de ribeira ao pé do río Sar, a través das súas árbores máis antigas -que mediu e datou- e a súa flora máis singular.

É a primeira vez que unha publicación aborda de maneira monográfica a historia do célebre Banquete de Conxo. “Este volume ten tripla vocación de guía, de descuberta e de reparación dun dos espazos que deberían merecer ser declarado Ben de Interese Cultural de Galicia” -sinala Alvarellos-, que fai referencia a “os últimos carballos de Conxo como metáfora da re(existencia)”.

O terceiro brinde apareceu en decembro na Biblioteca Nacional de España

En decembro do pasado ano aparecía na Biblioteca Nacional de España un documento histórico que se cría perdido ou mesmo inexistente: o “Brindis” que Luís Rodríguez Seoane (daquela estudante de Medicina) pronunciara no histórico banquete e que tamén se recolle no libro como unha separata. Trátase do terceiro brinde pronunciado baixo a carballeira de Conxo; xunto aos dos outros dous organizadores do evento, os poetas Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal.

O brinde de Rodríguez Seoane está escrito en castelán, impreso como unha folla voandeira, saída do prelo do compostelán Manuel Otero, un formato destinado para a súa difusión, de man en man, pola cidade.

Post navigation

Previous: Pancho Candela presentou Municipio, turismo y sostenibilidad (inclúe audios)
Next: Moncho Fernández cumpre 200 partidos como entrenador na ACB

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.