Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña
  • Xeral

A Baña activa un plan estratéxico de vivenda

O Goberno municipal da Baña asesorará á veciñanza para facilitar o acceso ás axudas autonómicas de rehabilitación e eficiencia enerxética

Vista da Baña, imaxe de arquivo

A Baña. 25/02/26 – A vivenda colouse nos titulares nacionais pero no rural o problema tamén existe desde hai tempo e os concellos traballan para palialo. Na Baña o goberno municipal deseñou unha estratexia que busca que a vivenda sexa un eixo prioritario de fixación de poboación e dinamización do municipio.

Un proxecto que comeza coa activación dun servizo municipal específico de asesoramento en materia de vivenda. O obxectivo é facilitar á veciñanza o acceso ás axudas públicas para a rehabilitación de inmobles e a mellora da eficiencia enerxética.

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, explicou que a iniciativa responde á vontade de “que ningún veciño quede sen axuda para mellorar a súa casa e que o Concello recupere patrimonio para atraer novos residentes”.

Apoio técnico para tramitar axudas

A través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, o Concello ofrece asesoramento técnico individualizado.

Traballase con dúas liñas clave da Xunta de Galicia. A primeira o programa VI435E, destinado á rehabilitación de infravivendas, co fin de garantir fogares dignos e seguros ás persoas con menos recursos.

Ao mesmo tempo asesorase sobre o Programa MT402A, centrado na corrección de impactos paisaxísticos e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo á redución do consumo eléctrico e á sustentabilidade das vivendas.

Pereira destacou que “Non imos permitir que a complexidade administrativa frea oportunidades para a nosa xente. Este Goberno local está ao carón da veciñanza, acompañándoa en cada trámite para garantir que as axudas se transformen en melloras reais nas vivendas da Baña”.

A iniciativa da Baña forma parte dun plan máis ambicioso que busca revitalizar o municipio, atraer novos residentes e converter a política de vivenda nun instrumento eficaz para encher de vida o concello.

Esta acción complétase coa solicitude presentada polo Concello ao abeiro do programa VI422F, que permitiría rehabilitar edificios municipais en desuso cun financiamento de ata o 95% para convertelos en vivendas.

“Cada vivenda que rehabilitamos é unha oportunidade real para favorecer o asentamento de novas familias”, subliñou o alcalde, quen incidiu en que este esforzo permite garantir a viabilidade económica do municipio, dinamizar a vida social e reforzar a prestación de servizos públicos.

O obxectivo final é transformar inmobles municipais actualmente en desuso en fogares que xeren actividade, atraian poboación e contribúan a frear o envellecemento demográfico.

Con esta liña de actuación, o Concello da Baña reafirma a súa aposta decidida pola rehabilitación e polo impulso demográfico como piares dun modelo de xestión rural moderno, sostible e orientado ao futuro.

Post navigation

Previous: A Deputación impulsa o coworking de Brión
Next: Padrón concede os “Rumorosas 2026”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.