займ срочно

A Baña conmemora con dous actos o Día das Letras Galegas

0

A Baña. 12 de maio do 2017 –  O Concello da Baña súmase á celebración das Letras Galegas en conmemoración de Carlos Casares na semana do 17 de maio.

Os actos organizados polo Concello concentraranse no venres 19. Álvaro Muras abrirá o programa co seu espectáculo titulado ‘Carlos Casares con maxia e música’. Será ás 12:00 horas, no CPI San Vicente. Trátase dun percorrido guionizado con música e maxia a través da vida e obra do escritor ourensano Carlos Casares Mouriño; un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navegará durante sesenta minutos con cancións, con cordas e panos máxicos en colaboración co alumnado do centro educativo para facelo máis interactivo, ameno e divertido.

Ese mesmo día, venres 19, pero pola tarde, a veciñanza da Baña poderá participar a partir das 17:00 horas no ‘Café con letras de Carlos Casares’. A actividade literaria realizarase nas instalación do centro social. As persoas participantes poderán aproveitar esta iniciativa para ler algunha páxina da obra do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas mentres degustan unha merenda compartida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies