Compostela, 5 de abril do 2017 – Este luns coñecíase o cese das 4 directoras das bibliotecas públicas de Galicia xestionadas pola Xunta ante o que Bamad, Asociación de Profesionais dos arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación de Galicia, reclaman de novo que sexan postos de libre designación.
Bamad di que estes ceses supoñen ” apartar das súas responsabilidades a 4 profesionais das bibliotecas sen que se teña explicado nin motivado publicamente as razóns” e explican o trastorno que supón facelo en esta época “Cremos que é unha decisión errada ter cesado estas persoas xusto cando as bibliotecas se encontran, nos meses de abril e maio, coas celebracións dunhas das datas máis relevantes para a dinamización das bibliotecas como son o Día Internacional do Libro infantil, o Día Internacional do Libro e o Día das Letras galegas. Ter cesado sen previsión de recambio a estas persoas deixa o funcionamento das bibliotecas baixo mínimos, impedindo que exerzan con normalidade as súas funcións”.
Ao marxe de cese BAMAD Galicia explica que “traballamos para que as prazas das Direccións das Bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia non se cubran mediante o sistema de libre designación, sistema que posibilita o nomeamento e o cese discrecional por parte da administración, senón mediante concurso, como se tiña realizado até 2013, ano no que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu cambiar o sistema de provisión prazas de dirección de arquivos, bibliotecas e museos”.