Negreira, 25 de outubro do 2021 – Cerca de cincocentas persoas camiñaron baixo a chuvia este domingo para protestar polos proxectos eólicos que afectan a Galicia.
Convocados pola Asociación Fonte Seca, e co apoio dos concellos de Negreira e A Baña, denunciaron os plans eólicos nas comarcas do Barbanza e a Barcala.
A manifestación partiu da Avenida das Brañas chegando ata o concello. Colectivos cómo Quijote de Outes, APEOM, plataforma contra os parques eólicos Campelo Bustelo e Monte Toural e ADECOM entre outros, participaron na protesta.
Os participantes denuncian que, de darse todos os proxectos eólicos tramitados pola Xunta e polo ministerio, sumados aos existentes, chegaríase aos 800 megavatios. Unha potencia que equivale a que tiñan Asturias e o País Vasco xuntos no ano 2019. Todo nunha superficie moi inferior aos 17.000 m2 que cobren as dúas comunidades.
Desde Fonte Seca explican que “os prexuízos que traerían, como a perda de humidaís, de biodiversidade e perda de valor das propiedades, sumadas ao ruído e impactos paixasísticas son factores mais que trascendentes como para seguir botándose as rúas”. Dende a Asociación anuncian xa mais mobilizacións mentres non se poña solución ao que consideran un abuso sen precedentes nas comarcas.