Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os axentes ambientais critican á Xunta por incumprir os acordos asinados

ASAMBLEA AXENTES AMBIENATAIS 27 XUNHO 2025

Máis de 200 Axentes Ambientais participaron nunha asemblea en Santiago e non descartan adoptar medidas de presión

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) reuniuse en Santiago para protestar pola falta de compromiso da Xunta de Galicia cos acordos alcanzados cos sindicatos que os representan.

Os Axentes ambientais destacan os incumprimentos na redacción do regulamento de funcións da nova escala de Axentes Téccnicos en Xestión Ambiental, un compromiso reflectido en acordos asinados no 2016 e 2019 e que segue sen implementarse.

Outra das demandas e que os traballadores pasen ao grupo B xa que consideran que é o que lles corresponde acorde as súas funcións. A Xunta de Galicia comprometeuse a que, no momento en que o colectivo chegara ao 40% de Axentes coa titulación do ciclo superior e que da acceso a dito grupo (cifra superada hai anos), se convocaría un proceso para pasar ao grupo B.

Tamén piden a revisión do acordo de condicións de traballo xa que se seguen incumprindo varios puntos e nunca se volveu a poñer en marcha a comisión de seguimento

Aumento de prazas. Os e as Axentes Ambientais teñen moitas máis competencias e cargas de traballo, pero to mesmo persoal que fai 40 anos cando se transferiron as competencias á Xunta.

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia e os sindicatos critican duramente a actitude da Consellería de Medio Rural, pola falta de previsión e planificación, xa que se están a realizar chamamentos para cubrir prazas en plena época de alto risco, algo que xa tería que estar feito con antelación.

Unidade de Directores de Extinción

Os axentes ambientais denuncian que un día antes da asemblea foron chamados desde a Consellería cunha proposta que cualifican de “ridicula” e coa intención de crear unha RPT só con Directores de Extinción o que significa que “nace morta”.

Os Axentes Ambientais demandan que se dote a esta unidade cun mínimo de 40 efectivos, con 10 prazas de nova creación por provincia, para, deste xeito, poder cubrir todas as quendas de traballo necesarias e garantir deste xeito que o descanso das persoas non deixe eivas na efectividade e calidade do seu traballo. Tamén lembran que trala vaga de lumes do 2017, houbo un compromiso parlamentario de creación de 57 novas prazas de Axentes que nunca se chegou a cumprir.

Medidas de presión

Como medidas a tomar, dende APRAFOGA e as organizacións sindicais non se descarta iniciar medidas de presión valorando futuras manifestacións ou outras medidas a valorar. Neste sentido, esperan non ter que acudir a convocatoria de folga como se realizou en anos pasados. Como paso previo a estas medidas, e sempre con intención de diálogo, os Axentes Ambientais van solicitar reunións coa conselleira do Medio Rural, a conselleira de Medio Ambiente e o conselleiro de Facenda para tentar solucionar estes incumprimentos por parte da Administración.

Post navigation

Previous: Dodro reclama a limpeza das estradas que son competencia da Xunta
Next: O pleno de Compostela segue mostrando a minoría do goberno

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.