Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Unha aventura interactiva lembrará o marzo do 68 en Compostela

“Antes de maio” lembra o 1968 en Compostela.

compostela revive marzo do 68 11 marzo 2026

Compostela, 11/03/2026 . Compostela está chea de historias por contar e o sucedido en marzo de 1968 é unha delas. Un par de meses antes do famoso maio do 68 francés, en Compostela os estudantes xa pedían democracia na universidade.

“Antes de maio” é unha novela visual impulsada desde o Concello de Santiago que se complementa co paseo guiado “Venceremos nós” que discorre polos lugares nos que sucederon aqueles feitos.

A concelleira de Memoria Histórica, Míriam Louzao, presentou estas dúas iniciativas que recuperan a historia das protestas estudantís do 68 na cidade baixo o selo “Compostela é memoria”.

Louzao sinalou que Santiago tivo un papel relevante na chamada primavera do 68, que chegou en marzo, adiantándose ao maio francés. Para lembralo, o Teatro Principal acollerá a presentación de “Antes de maio”, un pioneiro proxecto que combina ficción e documental recreando estes feitos.

Por outra banda o paseo “Venceremos nós” percorrerá as rúas da cidade para mergullarnos no contexto da época. As dúas propostas son de balde, a primeira con entrada libre no Teatro Principal o martes 17 de marzo ás 20.30 horas e segunda con inscrición previa en marzo68.gal.

A concelleira recordou que no curso 67-68 dous eventos anticiparon en Compostela o famoso maio francés, mesmo baixo a ditadura franquista. Máis de mil estudantes protagonizaron un feche pacífico no edificio central da Universidade de Santiago de Compostela, hoxe a Facultade de Xeografía e Historia, desaloxado ao terceiro día pola Policía Armada. A finais de mes, unha asemblea en Medicina foi tamén desaloxada violentamente polos grises, con detidos e feridos.

“Estes son os dous feitos máis sonados dunhas protestas que estenderon unha folga estudantil durante case dous meses, reivindicando a democratización da universidade. Mais por baixo, a mocidade estaba a botarlle un pulso ao Franquismo, loitando por un cambio de réxime e a chegada da democracia. A pesar do avanzado na primavera do 68, é pouca a xente que coñece hoxe estes feitos e a súa relevancia”, reflexionou Louzao.

“Antes de maio”

O audiovisual “Antes de maio” é un proxecto de Aqueladas, mestura de ficción e documental, que recibiu o Premio a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social da Deputación da Coruña.

Co formato dunha novela visual -un tipo de experiencia interactiva próxima a un videoxogo narrativo sinxelo, que combina textos, deseños artísticos e toma de decisións, sitúa ao público na pel dunha estudante de primeiro no curso 67-68, que terá que escoller como implicarse nas protestas estudantís.

As persoas participantes irán facendo distintas eleccións, algunhas máis banais e outras máis transcendentais, que condicionarán o desenvolvemento do relato e a forma de vivir os acontecementos.

A narración incorpora fragmentos de entrevistas realizadas durante o proceso de documentación, que funcionan como contrapunto e achegan testemuños reais. Nelas participan Camiño Noia, Carme Ríos, Manuela Corral, Elena López, Carlos Campoy e as irmás Susana e Marisol López Facal.

A listaxe é eminentemente feminina, pois Antes de maio ofrece unha visión centrada na perspectiva das mulleres da época, que busca os pequenos detalles cotiás máis alá do feito histórico.

A medida que avanza a historia, a protagonista irá reunindo un inventario con diferentes materiais (libros, propaganda, etc), que o público poderá consultar a través dos seus teléfonos móbiles. O proxecto conta con ilustracións de Álex Rozados e Iria Iglesias, e guión de Irene Pin.

Esta singular proposta terá unha proxección interactiva o vindeiro martes 17 de marzo, ás 20h30 no Teatro Principal, con entrada libre ata completar aforo. O público deberá votar en tempo real co móbil, decidindo en común o devir do relato. Ademais, a iniciativa percorrerá varios centros de ensino da cidade, para achegar ao alumnado este episodio histórico.

“Venceremos nós”

O paseo guiado “Venceremos nós”, xurdido ao abeiro deste audiovisual, completa a aposta do Concello por recuperar e divulgar a memoria do 68 en Compostela. O percorrido polas rúas da cidade trasládanos ás mobilizacións estudantís e sociais antifranquistas, que se adiantaron ás coñecidas revoltas do maio francés.

Levaranse a cabo catro sesións guiadas do paseo nesta semana. Serán o xoves 12 ás 19 h, o venres 13 ás 19 h e o sábado 14 de marzo ás 12 h e ás 16.30 h. Hai prazas limitadas e requírese inscrición previa a través da web marzo68.gal.

Porén, existirá ademais unha versión dixital autoguiada que poderá facerse a través da mesma web, con versión en galego e en inglés, onde se recollen con texto e audio as diferentes paradas deste percorrido. A páxina xa está en aberto e a súa versión en inglés estará dispoñible a finais de marzo.

Post navigation

Previous: Convenio de colaboración entre o Culturgal e a Deputación da Coruña
Next: Oroso ofrece un campamento inclusivo durante a Pascua

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.