Bisbarra, 4 de febreiro do 2025 – Despois de décadas de traballos, discusións, mobilizacións e cambios de responsables en todas as institucións a Autovía Lugo -Santiago ve a luz ao final do túnel.

O ministro de Transporte e Mobilidade Sustentable, Oscar Puente, inaugurou este luns o tramo Palas de Rei-Melide da A-54 e confirmou que toda a Autovía estará en servizo este ano. Esta estrada permitirá conectar ambas as dúas cidades en 50 minutos, unha vez rematados os 94 km do itinerario.
O tramo da Autovía Lugo-Santiago inaugurado onte tivo un custo de 100 millóns de euros. Ten unha lonxitude de 11,7 quilómetros e supuxo a construción de seis viadutos, entre eles o de Pambre, o máis longo da provincia de Lugo con case un quilómetro.
Ademais, construíronse sete pasos superiores e catro pasos inferiores para garantir a adecuada permeabilidade transversal da autovía, estando adaptados para o paso de fauna. Foi executado un muro singular de 270 m de lonxitude na ligazón de Melide Sur, que eleva a 18 o número de estruturas. Tamén se levaron a cabo hidrosiembras e revegetaciones en noiros en máis de 600.000 m2.


En colaboración co concello de Melide, implantáronse medidas na contorna do municipio para garantir a fluidez da circulación e adaptar a súa capacidade á demanda do tráfico e peonil ata que se finalice a autovía este 2025.
Oscar Puente destacou que “Con esta apertura, e a do último tramo até Arzúa que confiamos que poida ter lugar este mesmo ano, este Goberno poría en servizo a metade dos 94 km desta Autovía, desde que en 2019 abrimos o tramo Lavacolla-Arzúa”.
Garantir a fluidez da circulación en Melide
Para garantir a fluidez da circulación que atravesará Melide tras a apertura do novo tramo da A-54, e ata que se poña en servizo o último entre Melide e Arzúa de 16,4 km, o Ministerio modificou en Melide a xeometría da glorieta para facilitar a manobra de xiro dos vehículos pesados que usen o novo tramo da Autovía.
Instaláronse semáforos para adaptar a súa capacidade en tempo real á demanda de tráfico e peonil, e recomendouse aos vehículos pesados seguir usando a N-547 ata que se finalice o último tramo para minimizar os xiros. Ademais, trabállase para mellorar a ligazón de Remonde.