Bisbarra, 23 de decembro do 2022 – Augas de Galicia ven de denegar, a mina de Varilongo no concello de Santa Comba, a autorización para o vertido de augas residuais.
A empresa Tin & Tungsten presentará a solicitude para a explotación de volframio e estaño en Varilongo no mes de marzo. Agora a Xunta de Galicia denega a autorización ante “a falta de atención dos requirimentos da documentación necesaria”.

Augas de Galicia solicitou en distintas ocasións a documentación necesaria nos últimos meses. Tamén realizáronse visitas de inspección á zona que derivaron nun requirimento para que se implementaran melloras no sistema de tratamento de vertidos para solucionar as deficiencias detectadas.
Ante a falta de presentación da documentación requirida por parte da empresa, Augas de Galicia resolveu o arquivo do expediente de autorización de vertido de augas residuais da dita explotación mineira.
Na resolución adoptada, Augas de Galicia lémbralle ao interesado a obriga de dispoñer de autorización previa e expresa desta entidade para poder efectuar vertidos directos ou indirectos ao dominio público hidráulico. Tamén ordena a inspección das instalacións aos efectos de constatar a ausencia de vertidos de augas residuais ao medio e, no seu caso, adoptar as medidas sancionadoras que correspondan pola realización de vertidos non autorizados.