Compostela, 23 de xaneiro do 2024 – Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, ven de iniciar labores de conservación e limpeza nos ríos Sar e Sarela.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2024/01/xunta-limpeza-sar-e-sarela-normal-23-xaneiro-2024_r.jpg)
Os traballos realízanse en treitos interurbanos e desenvólvense nunha lonxitude de 400 metros. Os ríos Sar e Sarela serán rozados de xeito puntual e retiraranse árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.
Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. O obxectivo destes traballos é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema de ríos como o Sar e o Sarela.