Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Augas de Ames terá un orzamento de 4 millóns e medio de euros

 O Orzamento da Empresa Pública de Entidade Local, EPEL, Augas de Ames foi aprobado polo Consello de Administración

Imaxe das instalacións de abastecemento de augas de ames

Sesión extraordinaria do Consello de Administración de Augas de Ames que se celebrou no salón de sesións do concello. Unha reunión na que se someteu a aprobación o orzamento 2026 e as táboas salariais do cadro de persoal.

Na reunión participaron o alcalde, Blas García; a concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; o concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández; a xerente da EPEL Augas de Ames, Genma Otero; tres concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular (Oliva Agra, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego), dous/dúas edís do grupo municipal BNG (Natividade González e Alexandre Espinosa), e maila concelleira do grupo municipal de Espazo Común (Luísa Feijóo). Tamén participaron o representante dos traballadores da empresa; e o representante das asociacións veciñais.

Orzamento equilibrado entre ingresos e gastos

O orzamento calcula como ingresos 1.512.815,26 euros por subministro de auga; 955.841,33 euros por saneamento; 209.816,87 euros por depuración; 139.480,76 euros por venda de auga en alta aos Concellos de Teo e Brión; 66.866,76 euros por mantemento e conservación de contadores; 128.773,44 euros por outros ingresos (execución de acometidas, instalacións de contadores, etc.); e 1.567.057,41 por un préstamo recibido a longo prazo de entes fóra do sector público.

O total de ingresos ascende a 4.580.651,83 euros. De dito total, 3.013.594,42 euros son ingresos de tarifas e o resto, 1.567.057 euros, está incluído dentro da partida de outros ingresos e corresponde co préstamo solicitado, co que se sufragarán dous importantes investimentos durante o exercicio 2026 .

As principais partidas de gastos dos servizos do Ciclo Integral da Auga corresponden ás de persoal, aprovisionamento (compra de auga), traballos realizados por outras entidades (entre os que está prevista a licitación dun novo servizo de limpeza e desatasco das redes e instalacións), subministro de enerxía eléctrica, comunicacións e outros servizos, arrendamentos de maquinaría e de locais, xa que resultan imprescindibles para a operativa ordinaria do servizo da EPEL. 

Os gastos contemplados no orzamento alcanzan os 879.720,03 euros para o persoal; 1.700.959,51 euros para gastos correntes en bens e servizos; 34.341,15 euros de gastos financeiros; e 1.965.631,14 euros para investimentos. O total ascende a 4.580.651,83 euros.

Investimentos

O orzamento de 2026 recolle dous importantes investimentos: a obra de abastecemento de auga potable dende a ETAP de Lens ata O Milladoiro, Bertamiráns e ao rural, por un importe de 2.388.269,75 euros. Trátase dun investimento plurianual dividido en dous exercicios: unha anualidade de 1.194.134,88 euros en 2026, e outra anualidade polo mesmo importe de 1.194.134,88 en 2027.

Tamén se recolle un segundo investimento en 2026 para reforzar a rede de abastecemento na avenida da Maía, en Bertamiráns, que dispón dun presuposto de 372.937,54 euros. Para sufragar ditos investimentos preténdese realizar unha operación de endebedamento por importe de 2.761.207,29 euros. Tamén se realizarán actuacións e investimentos para as redes nas parroquias do rural.

Post navigation

Previous: Brión comeza a programación do Mes de Rosalía
Next: Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.