Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Compostela

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

Álavaro García falará da transformación da xustiza e poderá seguirse por Youtube

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026

Compostela, 05/10/2026 – O Ateneo de Santiago celebrará o próximo luns, 5 de outubro, ás 19.30 horas, na Rúa do Vilar, 19, a primeira conferencia deste curso, titulada «A transformación da xustiza», impartida por Álvaro García Ortiz, exfiscal xeral do Estado.

 A sesión poderá seguirse tamén en directo por streaming a través da páxina web do Ateneo de Santiago e da súa canle de YouTube ..

A conferencia achegarase aos cambios e retos que atravesa actualmente a Administración de Xustiza, nun contexto marcado pola súa transformación e adaptación ás novas realidades sociais. Álvaro García abordará esta cuestión dende a súa experiencia profesional na carreira fiscal, á que estivo vinculado durante máis de dúas décadas antes de asumir a Fiscalía Xeral do Estado en 2022, cargo que ocupou ata novembro de 2025.

Álvaro García Ortiz é licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid e incorporouse á Fiscalía en 1998. Tras exercer en Maó, trasladouse en 2002 á Fiscalía da Área de Santiago e posteriormente especializouse en medio ambiente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, asumindo en 2005 a acusación pública no caso Prestige.

Foi membro do Consello Fiscal e fiscal xefe da Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado, ademais de formar parte da dirección de Magistrats Européens pour la Démocratie et les Libertés. Ao longo da súa traxectoria colaborou tamén como articulista en medios de comunicación e publicacións especializadas.

Post navigation

Previous: Problemas nas obras da variante de Cacheiras
Next: Outubro no Museo do Pobo Galego

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.