Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Presentan a adaptación gráfica de “Memorias dun neno labrego”

A Fundación Neira Vilas e o Ateneo de Santiago presentan esta tarde unha nova adaptación gráfica de “Memorias dun neno labrego” realizada por Iria Aldegunde.
ateneo-adaptacion-grafica-memorias-dun-neno-labrego-slide-6-febrero-2024_r

Compostela, 6 de febreiro do 2024 – A Fundación Neira Vilas e o Ateneo de Santiago presentan esta tarde unha nova adaptación gráfica de “Memorias dun neno labrego” realizada por Iria Aldegunde.

Xosé Neira Vilas escribiu a principios dos anos 60 “Memorias dun neno labrego”, unha obra que remataría por converterse nun dos clásicos da literatura galega. A presentación de esta adaptación terá lugar ás 19.30h na sede Afundación da compostelá, na Rúa do Vilar, 19.

Sendo unha das obras da literatura galega máis traducidas, “Memorias dun neno labrego” narra a vida de Balbino, un rapaz de aldea pertencente a unha familia moi pobre, que plasma as súas aventuras a través dun caderno. O libro é unha crítica social ao que viviron os labregos da época nunha Galicia marcada polas emigracións, o atraso e o rexeitamento por parte dos casteláns.

Iria Aldegunde pon en imaxes ese mundo que Balbino contempla ao seu redor cos ollos moi abertos e que tenta entender, pois, como el afirma, vimos ao mundo cunha alforxa de preguntas.

Iria Aldegunde (Santiago de Compostela, 2000) graduouse en Filoloxía Inglesa pola USC, estudos que foron complementados cunha formación en banda deseñada na escola profesional O Garaxe Hermético. Ademais, participou na elaboración dos libros colectivos Florencio (2022) e Gaspariño XXI (2023).

Post navigation

Previous: A maridaxe de cervexas e mencías nova formación en Santiago(é)Tapas
Next: “Tu Futura Exmujer” gaña o concurso “Queixo Maquetón” na Festa do Queixo de Arzúa

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.