Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Axenda
  • Xeral

O Ateneo conmemora o 110 aniversario do pasamento de Alfredo Vicenti

Este luns comezan unha serie de actos que o Ateneo de Santiago dedica a lembrar a Vicenti

compostela ateneo actos alfrdo vicenti SLIDE 27 setembro 2026

Compostela, 27/09/2026 – O Ateneo de Santiago celebrará nos próximos días varios actos con motivo do 110 aniversario do pasamento do xornalista compostelán Alfredo Vicenti. Este mnesmo luns, día 28, presentarase o libro a tradución ao galego do libro “Alfredo Vicenti. Vida e obra dun gran xornalista”, de Baldomero Cores; a cita as sete e media da tarde na na Rúa do Vilar, 29.

No acto intervirán o presidente do Ateneo, Francisco Candela; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o exdecano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC Xosé Ramón Pousa; a presidenta da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Xulia Campo Vázquez, e Juan Carlos Cores, fillo do autor. Ao remate, entregarase un exemplar da obra a cada persoa asistente.

A programación do Ateneo continuará o mércores 30 de setembro, ás 10.00 horas, cun segundo acto dedicado á figura e ao legado de Alfredo Vicenti, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

A homenaxe completarase coa colocación dunha placa na casa natal do xornalista, situada na Rúa Virxe da Cerca, 13. O Ateneo ten solicitado esta iniciativa ao Concello de Santiago dende novembro de 2025 e, unha vez autorizada, será o propio Consistorio o encargado de convocar e anunciar o acto de colocación.

Alfredo Vicenti foi unha destacada figura do xornalismo de finais do século XIX e comezos do XX. Médico, poeta e político, iniciou a súa carreira en El Diario de Santiago e posteriormente dirixiu cabeceiras como La Ilustración Cantábrica, El Globo e El Liberal. Foi tamén un dos principais impulsores da Asociación da Prensa de Madrid e chegou a ser considerado «mestre de mestres» do xornalismo.

Post navigation

Previous: Comeza Santa Minia con melloras nos servizos
Next: Santiago acada o primeiro premio do público da Rede Europea de Turismo Cultural

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.