займ срочно

Ata mediados de decembro celébrase o Outono Gastronómico

0

Bisbarra, 28 de outubro do 2021 – Desde o pasado mes de setembro, e ata o mes de decembro, celébrase na bisbarra o  “15 Outono gastronómico en turismo rural”.

Esta iniciativa permite gozar en parella, familia ou con amigos de propostas culinarias, deseñadas para a ocasión, e pernoctar nas casas de turismo rural durante a fin de semana. A iniciativa ten por obxectivo dinamizar e favorecer o turismo durante os meses de outono.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Rois a casa rural, O Fogar de Selmo, incluída no programa. O “Outono gastronómico en turismo rural” ofrece unha oferta de 13 casas rurais cun prezo económico. Na área de Santiago están adheridos a este programa casas rurais de Santiago, O Pino, Melide, A Baña, Arzúa, Touro, Rois, Ames e Teo.

Como en edicións anteriores, póñense a disposición dos viaxeiros guías informativas que poderán atoparse nos propios establecementos de turismo rural participantes, nas oficinas de turismo, nos campos de golf e noutros espazos públicos de Galicia. Tamén se distribuirán dípticos para a súa divulgación e se promoverá nas redes sociais. Toda a información está dispoñible na web de Turismo de Galicia.

A proposta ofrece diferentes alternativas que van desde os 30 euros aos 320 euros e inclúen a posibilidade de pernoctar e de degustar menús concebidos en exclusiva para esta ocasión, Así, pódese compartir unha cea co Menú Otoño Gastronómico ou pasar unha fin de semana no establecimento elixido cos Paquete Outono Gastronómico. A iniciativas vai dirixida para unha persoa, dúas ou o paquete familiar con dous adultos e ata dous nenos.

Tamén está dispoñible a proposta o Outono Plus, a través do cal algunas casas poñen a disposición do participantes actividades complementarias á restauración, como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo ou visitas culturais.

Como novidade este ano, todos os negocios participantes inclúen nos seus menús produtos galegos con certificación de calidade avalados pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería de Medio Rural. Este organismo vai a organizar, durante a campaña, degustacións e actividades relacionadas co coñecemento dos proveedores, que serán gratuítas e exclusivas para os clientes do Otono Gastronómico aloxados nas casas participantes.

Outra das novidades desta edición é o programa de fidelización denominado OuBono Gastronómico, un carné co cal os clientes que contraten o paquete Fin de semana recibirán outra gratuita dentro dun cupo de 25 bonos que se entregarán por rigurosa orden de recepción en Turismo de Galicia.

O delegado territorial recalcou que esta campaña é unha aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turística despois da época estival e da que ao longo das súas 14 edicións celebradas ata agora xa se beneficiaron máis de 71.000 persoas que xeraron máis de 4,4 millóns de euros coas súas estadías nos establecementos de turismo rural adheridos ao programa.

Ademais destacou que o éxito obtido nas edicións anteriores “consolida este programa como unha proposta ben contrastada e demandada polo público e polas casas rurais de Galicia” Así, engadiu, que neste ano 2021, malia continuar coa coxuntura sanitaria derivada da covid-19, Galicia está a ser apreciado polos visitantes coma un destino seguro, tal como demostran os datos de ocupación do verán, polo que tamén se prevé unha gran demanda nesta edición do Outono Gastronómico.

Trenor apuntou que o feito de que a esta campaña se sumen ano tras ano máis establecementos é unha boa proba de que a colaboración público-privada no ámbito do sector turístico xera riqueza para o territorio e contribúe a dinamizar a nosa gastronomía e á promoción de produtos como os viños e os licores tradicionais da nosa comunidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies