займ срочно

Asociacións, Isabel González presidenta de NormalizAutismo

0

NormalizAutismo Galicia defínese como “unha asociación sen ánimo de lucro promovida por familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro do autismo ( TEA)”.

NormalizAutismo loita por conseguir unha mellor calidade de vida das persoas con TEA e tamén, e non menos importante, que a sociedade coñeza que é e que significa este trastorno. Para coñecer un pouco máis o traballo que fan falamos con Isabel González, presidenta de NormalizAutismo.

Asociacións, Isabel González presidenta de NormalizAutismoIsabel é granadina aínda que leva tempo aquí en Galicia. Cóntanos que a asociación naceu para reforzar o traballo que se fai na comunidade con campañas de sensibilización, dando a coñecer que é o TEA

A Organización Mundial da Saúde describe os trastornos do espectro autista (TEA) como “un grupo de afeccións caracterizadas por algún grao de alteración do comportamento social, a comunicación e a linguaxe, e por un repertorio de intereses e actividades restrinxido,  estereotipado e repetitivo”. A definición é correcta como diagnóstico pero insuficiente para coñecer o que senten os que rodean a persoa con TEA. Isabel González describe moi ben o que supuxo a chegada do seu fillo

O descoñecemento que a sociedade en xeral ten do TEA é o que move a NormalizAutismo. A semana pasada organizaban un concerto en Santiago para recaudar fondos cun fin moi claro no que están centrados, conseguir que as campañas de divulgación duren todo o ano

Podedes contactar con Mormalizautismo a través da súa web

Con esa intención de divulgar preguntamos polos primeiros pasos cando se diagnostica un TEA

Asociacións, Isabel González presidenta de NormalizAutismoO plano educativo, a escola, é fundamental; en este terreo a presidenta de NormalizAutismo considera que as melloras están ben encamiñadas

Coma sempre o que falta é o que leva implícito o nome da asociación: normalizar o TEA. Cando no noso entorno vexamos algunha persoa con este trastorno temos que entendelo e axudar no que se poda dun xeito normal, como faríamos en calquera outro caso

NormalizAutismo fai un traballo determinante para difundir un trastorno que engloba a milleiros de persoas con moi distintas capacidades tal e como explica a Organización Mundial da Saúde ” O nivel intelectual varía moito dun caso a outro, e vai desde unha deterioración profunda ata casos con aptitudes cognitivas altas”.

É tarefa de todos normalizar e aprender de estes trastornos; entender que que o que definimos como “normal” non se da practicamente en ningún ser humano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies