Compostela, 26 de setembro do 2017 – As oficinas da Asociación Hostalería Compostela, na rúa Salvadas, acolleron onte a celebración dunha Asemblea Xeral Extraordinaria para elixir á nova Xunta Directiva da entidade.
Como só houbo unha candidatura presentada, esta quedou proclamada vencedora sen necesidade de celebrar a votación.
A entidade comeza agora unha nova etapa na que a presidenta da Xunta Directiva será Sara Santos, titular do Hotel ‘Rúa Villar’, e a vicepresidenta, Rita Sobrado, do Blu Café. A executiva complétase con outros dez membros, a maioría novas incorporacións. En total, son doce directivos, seis de restauración e seis de hospedaxe. Haberá unha única presidencia que exercerá durante dous anos. Despois intercambiará o seu cargo co vicepresidente para os dous seguintes.
O principal obxectivo desta candidatura será o de salvar á Hostalería de Compostela superando dunha vez por todas os graves problemas económicos que arrastra de etapas pasadas. Tamén pretenden achegarse a todos os sectores da hostalería, modernizándose e incrementando a súa masa social. Por outra banda, priorizarán o mantemento de eventos como o Santiago(é)Tapas ou Santiago Paixón Doce, así como a posta en marcha de novas iniciativas que favorezan non só aos seus socios e socias, senón a todo o sector e, por conseguinte, a toda a cidade.
A nova Xunta Directiva da Asociación Hostalería Compostela está formada por:
Presidenta: Sara Santos Ferreiro (Hospedaxe – Hotel Rúa Villar)
Vicepresidenta: Rita Sobrado Pérez (Restauración – Blu Café)
Vocais Restauración:
David Dopazo Mella (Café La Rosaleda)
Germán González Pose (O Celme do Caracol)
Sergio Fernández Dosil (Pub Século IX)
Lois López García (A Nave de Vidán)
Paula Paz Martínez (ACDC Restaurante)
Vocais Hospedaxe:
Óscar García Castro (Hotel Garcas)
Félix Álvarez Cordero (Hotel Los Abetos)
Angélica Blanco Fernández (Hotel Congreso)
Adrián Comesaña Figueiras (Hotel Pazo de Altamira)
Carlos Tardáguila Vicente (Hotel San Lorenzo)