Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

A Asociación Cultural Os Castros lanza un curso de iniciación ao folclore

os castros iniciacion ao folclore 9 xaneiro 2026

O folclore tradicional vive un dos seus mellores momentos, pola cantidade de grupos que aparecen e tamén polo uso que se fai das melodías e estilos máis clásicos, fusionándoas con outras músicas. Un momento no que interese dos cativos pola nosa música é cada vez maior, algo que se debe aproveitar e apoiar.

En esta liña a Asociación Cultural Os Castros de Ames organiza un curso de iniciación á música tradicional dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. Baixo o lema “O folclore precisa canteira! O futuro son @s nen@s” a asociación impartirá obradoiros de baile, pandeireta e canto todos os xoves dende xaneiro, de 18.30 a 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Os interesados no curso recibirán a formación básica en baile tradicional, a pandeireta e, como novidade neste ano, o canto. O obxectivo é manter vivo o gusto pola música e o baile tradicionais entre os nenos e nenas de todo o Concello de Ames. O curso será continuado, sen peche de inscrición para poder participar a calquera altura do ano. O prezo de inscrición do curso é de 10€.

Ante calquera dúbida, as persoas interesadas poden obter máis información no blog da asociación blog.acoscastros.es, no enderezo de correo electrónico correo@oscastros.es ou no número de teléfono 690 96 23 63. Tamén é posible estar informado na conta de Instagram de Os Castros @a.c.oscastros e na de Facebook Asociación Cultural Os Castros.

A asociación Os Castros

Este curso enmárcase dentro da programación cultural deste ano 2026 da Asociación Cultural os Castros, que leva en activo dende principios da década dos anos 90 fomentando o folclore galego entre todas as idades mediante os continuos cursos formativos tanto en baile como en música.

Neste curso 2025-2026, ademais do curso de iniciación para nenos e nenas, a asociación tamén vén ofertando clases de baile, música, gaita e percusión para todas as idades e en diferentes horarios.

Post navigation

Previous: O Ateneo de Santiago organiza un ciclo de cine galego
Next: Piden solucións para a piscina descuberta do Milladoiro

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.