Santa Comba, 25 de setembro do 2018 – A Asociación Costavales presenta o proxecto “Dinamización e impulso da economía local a través da App Costavales”.
O proxecto cofinanciado polo Feader (Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural) foi presentado no Agader a través do GDR 19 – Terras de Compostela, e ten como obxectivo impulsar a economía local fomentando o consumo de produtos locais e achegando o uso das novas tecnoloxías.
Inicialmente, o funcionamento dos Costavales baseábase na emisión e posta en circulación dunha serie de vales en papel (en formato de billetes) que os usuarios dos comercios locais podían usar para pagar as súas compras ; é dicir, tratábase de vales trocables por produtos ou servizos locais. Os Costavales podíanse empregar para pagar parte dunha compra (coma se dun desconto tratásese), ou a totalidade da mesma, segundo desexase cada comercio, dunha forma flexible. É dicir, algúns comercios podían aceptar o 50 % do pago por determinados produtos pero non por outros; noutros casos o comercio podía aceptar o 100 % en todos os seus produtos; outro só o 10 % en compras superiores a 100 € uros, etc.
Na actualidade ese vales en papel convértense nunha aplicación móbil para o uso dos Costavales, denominada Clickoin, é unha tecnoloxía moi sinxela baseada no mesmo sistema que o whatsapp. So é preciso descargar a App Costavales e solicitar a alta, achegando un nome e un número de teléfono, tras o cal recibirá un contrasinal, garantindo transaccións áxiles e seguras entre comercios adheridos e particulares.
A Asociación Costavales ten previsto establecer un calendario de presentacións en todo o territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, que abrangue os concellos de Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Teo, Boqueixón, Vedra e as zonas rurais de Santiago de Compostela. O proxecto vai dirixido á Concellos, Asociacións, comercios e particulares.
No Concello de Santa Comba, a Asociación Costavales en colaboración coa Asociación de Empresarios, lanzará unha Campaña de Promoción do Comercio Local para a temporada de Nadal, que consistirá na emisión de bonos – desconto que permitirán un aforro de ata o 25 % nas compras de temporada. A finais desta semana convocará os seus asociados a unha reunión para explicarlles a dinámica desta Campaña.
Ademais a Asociación Costavales ven de asinar un acordo coa Asociación Deportiva de Pesca Xallas a través do cal esta entidade premiará ós seus socios a elaboración e entrega de estatísticas sobre o esforzo de pesca no Couto de Santa Comba (ríos Xallas e Abuín). Os premios repartiranse en Costavales.