Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

“As pegadas do lume” reflexionará en Padrón sobre o último incendio

Cartel da xornada as pegadas do lume en Padrón

Padrón, 26/06/2026 –  O incendio de Herbón, en Padrón, foi a saída dun verán que se presenta complicado, no que parecen repetirse erros e que chega con moitos deberes sen terminar. A xornada de reflexión “As pegadas do lume” convócase por estes motivos para o vindeiro día dous de xullo no local social de Carcacía, a cita ás sete e media da tarde.

O pasado 13 de xuño, un incendio forestal que comezou na parroquia de Herbón, aínda por causas descoñecidas, acabou calcinando máis de 350 hectáreas no Concello de Padrón. O monte Meda, unha superficie das comunidades de montes de Herbón e Carcacía, foi arrasada polas chamas, chegando a poñer en risco aos núcleos de Sobrerribas e Cruxeiras de Abaixo.

E despois do lume que?

Máis aló do balance de danos materiais e ambientais, os incendios deixan tamén unha pegada nas persoas que os viven. Porén, non é habitual contar cun espazo onde a veciñanza poida compartir as súas vivencias, reconstruír o que ocorreu e pensar que podemos facer fronte aos incendios.

Isto é o que se pretende co Encontro “As Pegadas do Lume”, unha iniciativa do  Proxecto Batefogo que convida á veciñanza de Padrón, e nomeadamente ás veciñas e veciños das zonas afectadas, a falar sobre o acontecido e pensar no que virá.

Porque cada persoa garda unha parte da historia, a túa tamén é importante.

A participación é libre e non require coñecementos técnicos nin pertenza a ningunha entidade. O encontro enmárcase no Proxecto Batefogo, unha iniciativa orientada á prevención social dos incendios forestais e ao fortalecemento da implicación comunitaria no coidado do territorio. O proxecto conta co financiamento da Deputación da Coruña e coa colaboración das entidades locais participantes.

Post navigation

Previous: Mercedes Rosón será candidata á alcaldía de Compostela
Next: A Unión Hoteleira pide transparencia coa recadación da taxa turística

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.