Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Compostela
  • Xeral

As oposicións quéixanse

pp campo de futbol de cono SLIDE 10 abril 2025 (3)

O PP e o PSdeG de Compostela e o PP de Ames reclaman en ambos os dous concellos arranxos en instalacións e estradas dos municipios

O papel das oposicións é fiscalizar o traballo dos gobernos municipais, vixiar que o que fan sexa o que compre facer. Pero ademais as oposicións tamén teñen que poñer sobre a mesa o que non se fai aínda que aquí as razóns poden ser variadas, desde falta de orzamento ata retrasos nas tramitacións sen esquecer a posibilidade de desidia ou deixadez.

Campo de futbol de Conxo

En calquera caso a esas demandas hai que darlles tamén visibilidade porque aínda que a prioridade sobre o que hai que facer é subxectiva, que esas necesidades existen é normalmente obxectiva.

Campo de fútbol de Conxo

En Santiago o Partido Popular  puxo o foco en esta ocasión no campo de fútbol de Conxo. O número de instalacións da cidade é enorme e sempre faltarán cousas por facer pero á vista das imaxes enviada polos populares esta instalación precisa dun plan axiña.

O concelleiro popular José Ramón de La Fuente reclámalle ao BNG que asuma as súas responsabilidades, xa que o departamento de Deportes é coñecedor do “esperpéntico” estado destas instalacións e se mantén de brazos cruzados, deixando que sexa a “sorte” a que faga que non teña pasado ningún suceso que logo haxa que lamentar.

De la Fuente engade que “A concelleira de Deportes tivo o arroxo de mentir diante de todos os veciños e veciñas no Pleno, cando afirmaba que se en algo se caracterizaba o departamento de deportes era por velar pola seguridade dos e das usuarias das instalacións deportivas e engadía que todas son salubres, de non ser así estarían pechadas”, cando a realidade é ben distinta e está á vista de todos”.

Escalinata do Campus Sur

A concelleira socialista (expulsada do partido pero aínda no grupo municipal ata a formalización do paso ao grupo mixto) céntrase na escalinata do Campus Sur , a que todo o mundo coñece como a escalinata “da Ferradura”.

A edil socialista levará unha iniciativa ao vindeiro pleno para que se traballe na posta a punto deste elemento escultórico que foi construída antes incluso que o propio Campus universitario. Apunta a existencia de chanzos “irregulares e soltos” e a un “importante deterioro” da pedra e pasamáns.

Estradas en Ames

Tamén o Partido Popular, en este caso de Ames, pon sobre a mesa as súas queixas que van de estradas. Os populares amienses apuntan á Deputación, a Xunta de Galicia e mesmo ao Ministerio de Transportes e demandan arranxos en distintas vías no municipio.

A voceira popular, Oliva Agra, levará a pleno unha moción sobre o estado de moitas estradas do norte do concello e explica que  “As conexións co transporte urbano teñen moitísimas limitacións polo que os veciños están obrigados a utilizar o seu propio coche para circular por estradas que polo seu estado convértense en perigosas para quen vai ó volante pero sobre todo para os peóns”.

Concretan as necesidades en que as melloras nas estradas autonómicas e locais das parroquias de Ames, Lens, Ameixenda, Tapia e Piñeiro centráronse na reposición de firmes máis non se efectuaron intervención importantes na procura dunha mellor seguridade dos condutores e viandantes destas parroquias.

Un dos exemplos é o da AC-453 de titularidade autonómica, que vai de Roxos a Portomouro.  Unha vía da rede secundaria moi utilizada, tanto a pé como en vehículo. En moitos tramos non existen beirarrúas que garantan a seguridade dos peóns o que obriga ás persoas que camiñan por eses tramos a compartir asfalto cos vehículos, co perigo que iso implica.

Oliva Agra ten claro que “o rural de Ames ten unha gran carencia no que se refire a beirarrúas e cada vez son zonas que soportan máis tráfico polo que a seguridade dos camiñantes debe ser prioritaria para todos. E desde o PP incluso consideramos que non estaría de máis facer unha avaliación seria para corrixir dunha vez por todas esas eivas alá onde sexa necesario”.

A voceira do PP amesán tamén pon o foco nun dos centros educativos do rural, o CEIP de Barouta. “As peticións da comunidade educativa de Barouta son máis que xustas. É máis, tratándose dun colexio xa terían que estar atendidas”. O CEIP de Barouta atópase ao carón da AC-453 e desde fai tempo a comunidade escolar está a reclamar unha serie de medidas que melloren a seguridade do entorno do centro educativo. É imprescindible controlar a velocidade dos vehículos, mellorar a sinalización e habilitar pasos peonís.

Por outra banda a estrada de titularidade provincial CP-0201 que une a aldea da Mámoa, na parroquia de Tapia, coa aldea de Pontemaceira, carece de beirarrúas en todo o seu percorrido polas principais aldeas das parroquias de Ames e Lens. O PP cree que é preciso dotar de beirarrúas esta estrada entre Seares de Arriba e o cruce coa AC-543 (na parroquia de Tapia) e a aldea de Lens.

Unha situación similar teñen que vivir día a día os veciños da aldea de Quintáns, na parroquia de Ames, que teñen que transitar pola cuneta para poder desprazarse polo núcleo. A maiores, compre poñer de manifesto que dende fai décadas non se actuou no firme desta estrada, o que xustifica as fochancas que se atopan na vía. Moitas destas deficiencias foron expostas coas achegas que o Partido Popular fixo ao longo dos anos ao Plan de Obras e Servicios da Deputación da Coruña, sin que ata a data tivesen acollida en ningún plan pese a que, como puntualiza Oliva Agra “non deixan de ser peticións moitas veces sinxelas e desde logo máis que xustas para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e ofrecerlle a seguridade viaria que merecen”.

Post navigation

Previous: Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución
Next: Cacerolada en contra do proxecto de vertedoiro de Niveiro en Val do Dubra

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.