Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Ames
  • Músicas na linde
  • Xeral

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

A entrega da medalla ás Maianas terá lugar este xoves no Pazo da Peregrina

As Maianas nunha actuacion

Ames, 21/07/2026 – O Concello de Ames organiza para o vindeiro xoves, ás 20.00 horas, unha serie de actividades para celebrar o Día de Galicia. Dentro de esta programación inclúese a entrega da medalla do Concello de Ames ao grupo musical As Maianas.

Esta agrupación de 5 mulleres, levan preto de 20 anos facendo gozar ao público coas súas cancións, a maioría de composición propia. Entregaráselle a medalla do Concello de Ames en recoñecemento a súa carreira musical, destacando a promoción da cultura popular e da música tradicional de Galicia.

Será un evento sinxelo e aberto á veciñanza no que participarán os grupos políticos que forman parte da Corporación municipal. Dende o goberno e dende os partidos da oposición animan á asistir a este evento municipal. O acto contará coa actuación de Felisa Segade.

Entrega da medalla do Concello

Durante o transcurso do acto intervirán o alcalde e voceiras e voceiros dos diferentes grupos políticos da Corporación municipal. Tras as intervencións faráselle entrega da medalla do Concello de Ames ao grupo musical Maianas.

O alcalde, Blas García, destaca que “o grupo musical Maianas ten unha recoñecida traxectoria musical ao longo de preto de 20 anos. Sempre promoveron a cultura popular e manteñen viva a música tradicional de Galicia sobre os escenarios. É un grupo que ten unha importante presencia en festivais e eventos culturais en Galicia como fóra das nosas fronteiras. Tamén dispoñen dun importante traballo discográfico con catro álbums ao longo da súa traxectoria”.

Inés Suárez, das Maianas, destaca que “é un agradecemento verse recoñecidas na nosa propia casa”. A integrante do grupo de cantareiras recoñeceu estar “algo nerviosas pola responsabilidade que supón un recoñecemento coma este”, mais “tamén estamos moi orgullosas de recibir esta medalla xusto antes de facer os 20 anos”.

Traxectoria das Maianas

A agrupación de cantareiras Maianas, formado en Ames no 2007, destacan pola súa proposta con temas de composición propia nos que empregan sons e ritmos da música tradicional galega nos que se valen de instrumentos coma as pandeiretas, cunchas ou a propia percusión corporal.

Ao longo destes anos percorreron Galicia con todo tipo de concertos, foron gañadoras do Premio do Xurado do concurso da Radio Galega Vas sacar nota? no 2012, gañaron o certame Novos Valores promovido polo Festigal no 2015 e participaron en programas radiofónicos e televisivos como o Luar ou Lume na Palleira.

Tamén levaron a súa música a colexios de educación infantil e primaria a través de concertos didácticos. Apostaron ademais por achegar a música tradicional á veciñanza amesá, organizando entre os anos 2008 e 2018 o Festival de Música Tradicional Val da Maía, por onde pasaron agrupacións musicais de toda Galicia, e ofrecendo no 2019 a primeira edición do Serán da Maía.

Post navigation

Previous: A Deputación reafirma o seu compromiso con NÚMAX
Next: Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.