займ срочно

As investigacións seguen confirmando o impacto da minería de Touro sobre a conca do Ulla e a Ría de Arousa

0

Touro, 30 de agosto do 2021 – Novas investigacións científicas confirman, unha vez máis, o impacto negativo da actividade mineira en Touro sobre a conca do Ulla e a Ría de Arousa.

Os datos confirman que a reapertura do proxecto a ceo aberto de Touro podería conlevar unha problemática engadida en caso de accidente a gran escala. Na actualidade a restauración de canles afectadas pola antiga explotación, especialmente no caso dos acuíferos, xa resulta moi complicada e para a que según os expertos non hai  “solucións máxicas”.

Unha advertencia de hai trinta anos

Ao peche da actividade mineira hai 30 anos unha investigación, de Rosa Calvo e outros autores, constataba o lamentable estado das augas superficiais e subterráneas da zona. O estudo indicaba niveis perigosos para a saúde e o ecosistema que mostraban en algún caso “un gravísimo risco de toxicidade, algo que tamén se manifesta na “influencia negativa dos solos situados nas marxes fluviais nas que aparecen signos evidentes de contaminación”.

As investigacións posteriores sobre a mina de Touro demostraron a validez de aquel estudo e o impacto sobre a conca do Ulla e a Ría de Arousa. Un traballo de Ricardo Prego e outros investigadores sobre a presenza de metais no esteiro do Ulla constatou a presenza de elevados niveles de cromo, cobre, manganeso, níquel e zinc.

O informe da por sentado que a orixe dalgúns destes metais pesados “debe de ser o transporte fluvial” podendo propoñerse os depósitos existentes na mina de Touro “como posible orixe dese transporte” ao igual que se detectou noutros estuarios fluviais.

Unha reapertura desaconsellada

A grave situación que atravesa a zona desaconsella a reapertura do proxecto. Según os informes “nin o uso das mellores técnicas dispoñibles” a nivel mineiro nin a filosofía de vertedura cero, que non son máis que conceptos que tradicionalmente as empresas mineiras venden a nivel publicitario, poderían evitar, en caso de accidente a gran escala, un desastre ambiental sen precedentes en Galicia afectando ás miles de familias que dependen da riqueza natural da ría de Arousa”.

Unha restauración inexistente

A mina de Touro foi explotada a ceo aberto por Rio Tinto S.A. dende 1970 ata 1986 a través de tres cortas principais: Arinteiro, Vieiro e Bama. Obtívose calcopirita e pirrotina para a obtención de cobre, aínda que tamén se conseguiron pequenas cantidades de ouro a partir do concentrado ou gossan.

Ocupando unha extensión de máis de 600 hectáreas, a zona quedou completamente arrasada e formáronse grandes escombreiras, quedando a zona de labores exposta á acción dos elementos, o que facilitou a súa meteorización, así como a oxidación dos sulfuros metálicos presentes no mineral e a súa liberación ao medio ambiente. Os elevados contidos de elementos metálicos como cobre e ferro, e níquel, cromo, plomo en zinc presentes nas escombreiras viron favorecida a súa mobilidade pola acción dos elementos, provocando unha grave contaminación do recurso hídrico e dos solos que actualmente permanece.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies