Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

As instalacións educativas de Ames no Parlamento

O BNG levou á Comisión de Educación as “graves deficiencias estruturais” que padecen estes servizos

Saleta Chao falando no Parlamento das instalacións educativas de Ames

Ames, 19/05/2026 – A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Saleta Chao, reclamou  á Consellería de Educación un plan de intervención integral ante as “graves deficiencias estruturais” que arrastran as instalacións educativas de Ames.

Durante a súa intervención na Comisión de Educación, Chao puxo o foco en cinco de esas instalacións educativas: a Escola de Educación Infantil do Milladoiro, o CEIP de Ventín, o CEIP da Maía, a unitaria da Igrexa e o CEIP de Barouta.

Entre as principais problemáticas, a deputada destacou “filtracións e humidades persistentes, cubertas en mal estado, falta de accesibilidade, riscos en caso de evacuación, e mesmo danos nas portas dos baños que afectan á privacidade do alumnado”.

A deputada nacionalista criticou que a Consellería de Educación “non complete actuacións iniciadas, como a substitución da cuberta do Milladoiro, ou ignore demandas que se levan facendo dende 2019 no colexio da Maía”.

Tamén rexeitou que o secretario xeral técnico da Consellería puxese en cuestión a lexitimidade do seu labor de fiscalización: “Vimos porque as comunidades educativas nos trasladan unha realidade. O noso traballo é controlar e preguntar que está a facer a Xunta”.

Finalmente, Saleta Chao instou a Vicepresidencia e Consellería de Educación a diagnosticar e executar “con urxencia” as reparacións estruturais necesarias, e pediu “coordinación real entre a Xunta e o concello de Ames” para evitar que as competencias se crucen e se dilaten as solucións. “Non é mantemento cambiar unha cuberta que filtra en todo o centro; é unha actuación estrutural. E desa é responsable a Administración educativa”, concluíu.

Chao lembrou ademais que Ames é un concello “en crecemento demográfico, con moita infancia e adolescencia, e cun saldo educativo positivo”, polo que considerou “inaprazable” que a Xunta de Galiza actúe tanto na construción de novas infraestruturas como o novo colexio do Milladoiro e na “conservación e acondicionamento das xa existentes”.

Escarlata Pampín,  voceira do BNG de Ames, agradeceu a Saleta Chao o “interese amosado pola situación dos centros educativos do concello e o seu compromiso á hora de trasladar e visibilizar as carencias que estes espazos levan anos arrastrando”. Escarlata Pampín puxo en valor que se fagan públicas as deficiencias existentes, ao considerar que “é fundamental situar a educación e as condicións dos centros escolares no centro da axenda política”. A voceira do BNG de Ames  incidiu en que “a comunidade educativa merece instalacións dignas e seguras”, e reclamou ás administracións competentes unha resposta á altura das demandas históricas dos centros do municipio.

Post navigation

Previous: A pandeireta galega será a protagonista dunha exposición desde o día 22
Next: Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.