Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Rois

As gravacións de 1986 das pandereteiras de Rois chegan ao Consello da Cultura

Responsables das gravacións das pandereteiras de Rois

Integrantes das Pandereteiras de Rois do ano 1986. Pola esquerda: Margarita Bustelo, Mercedes Autrán, Merche Rodríguez, Uxía Pérez e Guadalupe Ramos

Rois, 25/05/2026 –  Fai 40 anos, un grupo de nenas de once anos do colexio de Rois, animadas pola profesora de galego, decidiron gravar ás avoas das aldeas do municipio tocando a pandeireta para conservar este patrimonio oral e musical.

Este pasado venres, Mercedes Autrán, en representación dese grupo, entregoulle á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, un pen drive coas gravacións orixinais de 1986, que agora pasarán a formar parte do Arquivo Sonoro de Galicia para preservar e divulgar este importante legado.

Autoridades presentes na inauguración da exposición

O acto coincidiu coa inauguración da exposición A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral, presidida polo alcalde, Ramón Tojo. “Nestes arquivos están gravadas, entre outras, Josefina Queiro Freire, Rosa Bralo e Herminia Curra”, asegurou Mercedes Autrán durante o seu relatorio sobre a Transmisión dos coñecementos.

O caso das Pandeireteiras de Rois

No ano 1986, a profesora de galego no colexio de Rois, Cristina García, animou a un grupo de nenas de 11 anos a gravar as avoas das aldeas que tocaban a pandeireta e mantiñan viva a tradición oral. Merche Rodríguez, unhas das cativas dese grupo e logo integrante de Leilía, utilizou o seu casette para gravar en cintas moitas desas pezas que estiveron gardadas nun caixón ata que decidiron dixitalizar este “importante patrimonio oral”.

“Con esas cancións gravadas ás avoas, as Pandeireteiras de Rois fixemos o noso repertorio, que cantabamos en concursos e no colexio”, lembraba na súa intervención Mercedes Autrán, veciña de Rois que formou parte desas pandeireteiras e que actualmente é profesora da Escola Municipal de Música de Lugo.

Merecedes Autrán (chaqueda branca) entrega as gravacións orixinais á presidenta do Consello da Cultura e asinan o convenio de cesión

Rosario Álvarez agradeceu “esta importante doazón” ao Consello da Cultura Galega (CCG). As pezas vanse incorporar ao Arquivo Sonoro de Galicia que ten como finalidade “preservar, catalogar, informatizar e divulgar todos estes materiais, que poñemos a disposición de todas as persoas interesadas”, afirmou.

A presidenta do Consello da Cultura tamén resaltou que “durante este corenta anos ese material sonoro se gardara nun caixón e que se conservara para poder dixitalizado na actualidade”.

Testemuñas de entrega deste material no auditorio de Rois foron algunhas das integrantes das Pandeireteiras de Rois e das cativas que en 1986 fixeron esas gravación. No acto estaban presentes Merche Rodríguez, a encargada de gravar as pezas, Uxía Pérez, Guadalupe Ramos e Margarita Bustelo, entre outras.

A entrada deste material coincidiu coa inauguración da exposición A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral, que se pode ver no multiúsos de Rois ata o 11 de xuño, e da que son comisarios Suso Vaamonde Manteiga e Luciano Pérez Díaz.

O alcalde Ramón Tojo e a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, presidiron e presentaron o acto, que contou cunha sesión de relatorios na que ademais de Mercedes Autrán, participou Arturo Lamas Braña para falar da Percusión de man no Real Coro de Toxos e Froles de Ferrol, que preside na actualidade.

Suso Vaamonde, pola súa banda, falou da pandeireta na actualidade. O instrumento hoxe. Método e novas técnicas de interpretación, uso e enfoque dos toques tradicionais, foi o título do seu relatorio, no que contou coa participación en directo da Escola de música e baile tradicional do Concello de Outes para interpretar catro pezas, cada unha delas acompañada por unha pandeireta diferente.

Vaamonde tamén deu a coñecer os primeiros estudos acústicos realizados arredor da pandeireta, que tamén pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. Ademais, resaltou que na exposición pode verse unha pandeireta que ten máis dun século.

Na mostra tamén se amosan un conxunto de prensa orixinais da cantareira da Chisca, Josefina Caeiro Freire, nada ene 1926, así como recreacións realizadas no ano 1986 por Mercedes Autrán. Antes de chegar a Rois, esta mostra itinerante xa visitou anteriormente Lugo, Pontevedra e Ferrol.

Post navigation

Previous: O Presidente da Deputación recibe á nova reitora
Next: A senda da Xunta entre o Milladoiro e Compostela segue no centro da polémica

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.