Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

As Festas do Apóstolo recuperan as proxeccións no Obradoiro

Un espectáculo de “videomapping” será unha das novidades das Festas do Apóstolo que comezaran o vindeiro día 22.

Imaxen de arquivo do pregón nas Festas do Apóstolo

Compostela, 09/07/2026 – Antes de quince días Compostela estará un ano máis inmersa nas Festas do Apóstolo. Este mércores a concelleira Pilar Lueiro avanzou dous dos momentos destacados do programa. Por unha banda recupérase o “videomapping”, unha proxección sobre a fachada do concello que sempre sorprende polo realismo que acaba tendo.

O segundo dos momentos a anotar será o peche das festas coa banda The Rapans. Tras encher o multiusos de Sar, cunha resposta do público que sorprendeu ata aos propios músicos, agora estará na emblemática Quintana para pechar as festas do Apóstolo.

Como é tradicional, as festas incluirán folclore, orquestras, cabezudos e por suposto os espectáculos pirotécnicos do 24 e o 31 de xullo. Ademais, as atraccións estarán na Alameda a partir do sábado 18.

“Videomapping”

Pilar Lueiro explicou que o espectáculo de ‘videomapping’ sobre a fachada do Pazo de Raxoi conta co financiamento do imposto de estadías turísticas que o Concello aplica desde outubro, cun orzamento duns 100.000 euros.

Trátase dunha proposta visual inmersiva que transformará o Pazo de Raxoi nun lenzo vivo, combinando creatividade, tecnoloxía e patrimonio nunha experiencia pensada para sorprender a veciñanza e visitantes.

No ano 2017 (aínda con fogos de artificio desde o tellado) o “videomapping” converteu o Pazo de Raxoi nun hórreo no que estaban as pandereteiras de “Cantigas e Agarimos”, algo que podedes ver no vídeo que publicamos aquel ano na nosa canle de Youtube

Horario do ‘videomapping’

Este espectáculo ten unha duración de nove minutos e poderase ver na praza do Obradoiro os días 24, 25 e 26 de xullo. A noite do venres 24 haberá pases cada 15 minutos entre as 00.00 e as 2.00 horas, mentres que as dúas noites seguintes serán entre as 23.00 e a 1.00 horas.

Este videomapping está deseñado pola empresa Quatro Gatos e será poxectado por Art Music como unha experiencia para todos os públicos que pon en valor o patrimonio arquitectónico de Santiago a través das novas tecnoloxías, ofrecendo unha mirada contemporánea sobre un dos edificios máis representativos da cidade.

Fogos do Apóstolo

Os tradicionais fogos do Apóstolo lanzaranse, coma o ano pasado, o día 24 de xeito sincronizado desde tres localizacións con variedade de efectos de cores a partir das 23.30 horas.

A Alameda, a escalinata das Fontiñas (parque Carlomagno) e a Cidade da Cultura son os puntos de tirada do espectáculo pirotécnico, permitindo a un gran número de composteláns e compostelás e visitantes presenciar o espectáculo desde diferentes localizacións da cidade. O día 31 os fogos botaranse desde a Alameda.

Concerto de The Rapants

O venres 31 de xullo as festas do Apóstolo chegarán ao seu final e farano coa alegría e a sonoridade da banda galega The Rapants, que subirá ao escenario da praza da Quintana.

As actuacións musicais inclúen artistas internacionais como Lila Downs e Belém Tajes, que actuarán a noite do 24 tamén na Quintana.

Ademais, mantéñense citas clásicas coma os cabezudos, as orquestras na Alameda, a Festa Pícara, o día 23; as Xornadas do Folclore, o sábado 25; ou o Día do Traxe Galego, o domingo 26. As atraccións estarán instaladas na Alameda desde o sábado 18.

A concelleira de Festas avanzou que a persoa encargada de dar o pregón así coma o cartel das festas ao completo se desvelarán nos vindeiros días.

O Multiusos de Sar encheue con máis de cinco mil persoas para escoitar a The Rapants
O Multiusos de Sar encheue con máis de cinco mil persoas para escoitar a The Rapants

Post navigation

Previous: A Deputación entrega as certificacións SICTED en Compostela
Next: Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.