Compostela, 8 de xullo do 2022 – As Festas do Apóstolo comezarán o vindeiro 21 de xullo cun bo feixe de artistas internacionais, circo, fogos e actividades para todas as idades.
Xa ninguen lembra que Rosalía tocou na Quintana. O Apóstolo 2022 trae algúns artistas que acumulan millóns de reproducións nas distintas plataformas e que contan con miles de seguires nas redes.

Tal vez os máis destacados sexan Calexico. En activo desde finais dos 90, a banda norteamericana ten máis de 13.000 seguidores na súa canle de Youtube e máis de dous millóns de reproducións en temas coma esta “Fronteira de cristal”. Eles estarán o día 23 na Quintana
Non menos interesante e o concerto de Jenny and The Mexicans o día 25. Unha banda multicultural liderada pola británica Jenny Ball, que se autodefine como independente por non ter contratos con discográficas e que leva en activo desde o 2012. O incrible Tiny Desk Concert acumula máis de catro millóns de reproducións
Pregón e ska
O pregón este ano correrá a cargo de Tamar Novas. O actor compostelá saltou a fama polo seu papel na Lingua das Volvoretas, dirixida por José Luís Cuerda, e posteriormente polo Goya como actor revelación en Mar adentro baixo a dirección de Alejandro Amenabar.

Tras o seu parlamento será o turno de outra boa banda. O Obradoiro acollerá o concerto do New York Ska Jazz Ensemble. Un grupo responsable do renacemento dos ritmos jamaiquinos desde que comezaron a tocar en 1995. Tamén desde entón veñen de cando en vez por Europa. A súa versión do Take Five de Dave Brubeck é unha das máis escoitadas na rede
Moito máis
A todo esto hai que sumar os concertos que terán lugar no parque de Galeras e que foron presentados hai unha semana, como xa contamos no seu día. As noites de cine ao aire libre, as sesións de circo, o campionato de chave na Alameda, e as orquestras.
Os Fogos do 24 volveran a rodear os ceos de Compostela de luces. Unha sesión que será presentada proximamente.

Tamén volve o campionato de dróns. As Gaelic GP Series quedaron algo deslucidas o ano pasado por culpa da chuvia pero son un espectáculo incrible. As finais, xa de noite, semellan vivr unha das persecucións das películas de Star Wars en directo e poñen a proba a destreza dos pilotos.
Cabezudos, alboradas, e unha climatoloxía que se presenta tipo Galifornia poden facer de estas festas as mellores dos últimos anos. Descarga o programa completo a continuación.