Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

“As estacións do ano”, 125 anos de arte galega no Gaias

A Cidade da Cultura acollerá a exposición “As estacións do ano”, que reúne 125 anos de pintura galega a través de 80 pezas.

XUNTA GAIAS EXPO ESTACIONS DO ANO 16 FEBREIRO 2026 (1)

A nova exposición do Gaias propón unha ollada a 125 anos de pintura galega na mostra “As estacións do ano”. Unha colección que xoga coa temperatura, as cores, texturas e os sons asociados á primavera, o verán, o outono.

A mostra reúne máis de 80 pezas de 63 artistas procedentes das coleccións de arte públicas e privadas máis destacadas de Galicia, Está comisariada pola artista plástica Mónica Alonso e abrirá as súas portas ao público o día 26 e poderá visitarse, con entrada de balde, ata o 6 de setembro.

“As estacións do ano” recolle pezas dos séculos XX e XXI e está concibida como experiencia sensorial e inmersiva. Xogando coa colocación das obras no espazo, coa temperatura, as cores, os sons e as texturas, constrúese un itinerario singular pola historia da arte galega.

Unha viaxe desde o Movemento Rexionalista de comezos do pasado século ata as xeracións máis novas que están a gañar recoñecemento a nivel estatal e internacional. Entre as pinacotecas que colaboraron destacan as Coleccións de Arte de Afundación e de Abanca.

Tamén se exhiben obras das fundacións María José Jove, Luis Seoane e Eugenio Granell, así como do Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo de Pontevedra e o Museo Provincial Lugo, ou as galerías Nordés e Trinta.

A selección reúne grandes figuras históricas da arte galega, como Castelao, Eugenio Granell, Laxeiro, María Antonia Dans ou Luis Seoane, con destacados creadores contemporáneos, entre eles Manuel Vilariño, Francisco Leiro, Antón Lamazares, Manolo Paz, Berta Cáccamo ou Menchu Lamas.

Xunto a eles, a mostra abre espazo ás novas voces da creación actual: artistas plásticos como Mar Vicente e Rosendo Cid; cineastas e creadores visuais como Lois Patiño e as irmás Noa e Lara Castro de Lema; artistas sonoros como Berio Molina, e unha nova xeración de escultores representada por Mar Ramón Soriano e Pablo Barreiro, entre outros moitos.

Mergullarse na experiencia artística

“As estacións do ano”, abre as súas portas o próximo 26 de febreiro e poderá visitarse con entrada gratuíta ata o 6 de setembro. A mostra contará cun programa de visitas comentadas e didácticas, especialmente deseñadas para mergullarse nos ciclos da natureza e a súa influencia a través da arte contemporánea.

Ademais, no marco da liña de traballo Gaiás Inspira, programaranse actividades lúdicas e divulgativas pensadas para complementar e amplificar os contidos da exposición, transformando o Museo Gaiás nun espazo vivo e aberto á participación de todos os públicos.

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Post navigation

Previous: Touro acada un éxito co Ulla Fest
Next: Concertos, visitas guiadas e Caldo de gloria en Rois con Rosalía

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.