Vedra, 11 de xullo do 2018 – O concello de Vedra retoma o aluguer de bicicletas como un xeito máis de dinamizar as visitas na época estival.
O aluguer de bicicletas é un servizo aberto todo o ano pero suxeito sempre a posibles cancelacións, normalmente por cuestións metereolóxicas polo que esta é a mellor época para coñecer distintas zonas do concello dun xeito distinto.
O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán gozar do servizo previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos. Os horarios e puntos de aluguer son os seguintes:
De martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos puntos de intermediación do aluguer de bicicletas:
Bar Quenllas: R/Manuel Texo nº 3, Santa Cruz de Ribadulla ( 42.776649, – 8.424904 ) Tfno.: 981 512 452
Bar Barreiro: Cibrán nº9, San Xián de Sales (42.814694, – 8.511153) Tfno.: 981 511 508
Ou chamando ao 981 814 612 concello de Vedra.
O tempo máximo permitido de utilización continua das bicicletas é de 6 horas. No caso de exceder este prazo aplicaranse as sancións correspondentes. O servizo poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas…). Os interesados en gozar do sistema de aluguer de bicicletas deberán previamente darse de alta no servizo nos Puntos de Intermediación. A tal efecto, deberán cumprimentar unha folla de inscrición e acompañala do documento nacional de identidade.
O custe do servizo é de 3 €, co límite de tempo fixado (6 h). Esta iniciativa na que colabora o concello está impulsada desde a Asociación para a Dinamización e Promoción de Vedra “Casa dos Peóns”.