Compostela, 27 de outubro do 2020 – A Fundación Eugenio Granell ofrece desde o pasado día 23 unha interesante exposición sobre as amizades surrealistas do artista.
A segunda planta da Fundación Granell, na Praza do Toural de Santiago, inclúe tamén en esa exposición dúas peanas dedicadas a Isaac Díaz Pardo baixo o lema “celebrando ao noso amigo Isaac”.
Granell escribía da amizade que era “la palabra que me parece tiene el significado más claro y que ha sabido estar a la altura de la dignidad humana”. Unha dignidade perdida, según o artista, como a importancia da cultura, algo do que tamén se queixaba Isaac Díaz Pardo.
Pardo e Granell coincidiron no exilio e coñecéronse grazas a moitos amigos comúns. Ao regresar a España e a Santiago, Granell reanudou a esta amizade con Isaac Díaz Pardo e, a pesar das súas diferencias políticas, souberon respectarse.