Arzúa, 8 de marzo do 2022 – A Festa do Queixo de Arzúa chegou esta fin de semana á 47º edición e disfrutou de algo moi parecido á normalidade pre pandemia.
As mascarillas e o control de aforoso foron o único que mostrou que as medidas sanitarias seguen sendo necesarias. En todo o demais a Festa do Queixo recuperou a normalidade. Mostras, concertos, pregón e xente leda de poder disfrutar do evento.
Desde o venres ata o domingo a maquinaria da Festa do Queixo volveu a funcionar como un reloxo. Unha organización excelente que contou coa colaboración do público que atendeu en todo momento as recomendacións.
O sábado foi o día grande. Ao pregón da triatleta campioa paralímpica en Tokio Susana Rodríguez, e doutora no Complexo Hospitalario de Santiago, acudiu unha nutrida representación de cargos institucionais. O presidente da Deputación, Valentín González; a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro; a subdelegada do Goberno, María Rivas e alcaldes da bisbarra e mesmo o extremño da localidade de Trujillo.
No acto de entrega de galardóns aos arzuáns do ano tvio un especial protagonismo Xosé Zapata, O gañador dun Goya pola curta de animación “monkey” levou a estatuílla para cedela ao concello durante a festa e que quen quixera se fixera unha foto con ela.
O pregón resultou moi emotivo xa que Susana Rodríguez lembrou que visitara Arzúa de moi pequena cun campamento e que pola súa discapacidade pasara a xornada case soa. A triatleta destacou que con esforzo e traballo un pode volver a lugares do pasado e disfrutar do que non puidera en aquel momento.
A fin de semana continuou cos concertos de sábado e domingo e a participación constante na feira situada no multiusos Terra do Queixo. Unhas visitas controladas en todo momento para non exceder o aforo e que tiveron a axuda do bo comportamento da veciñanza.