Arzúa, 12 de abril do 2018 – Este venres continúa a programación de primavera no concello de Arzúa cunha nova sesión de cine inspirada nun libro.
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza ata maio o ciclo de cine Libro de película no que as películas están baseadas en libros. Este venres a cita no telecentro, as oito da tarde, é con Asesinato en el Orient Express baseado na novela de Agatha Christie. Con Penélope Cruz, Johnny Depp e Michelle Pfeiffer no reparto, conta a historia que trascurriu durante unha viaxe no lendario tren Orient Express, no que o detective belga Hercules Poirot investiga un asasinato cometido no traxecto e no que todos os pasaxeiros do tren son sospeitosos do mesmo.
Durante a proxección, como en calquera cine, haberá flocos de millo de balde e ao remate da mesma realizarase un sorteo dun lote de libros entre todos os asistentes.