займ срочно

Nace Arzúa Sostible para loitar contra a reapertura da mina de Touro

0

Arzúa, 3 de febreiro do 2022 – Nace un novo colectivo que aglutina a pltaformas e asociacións que loitan contra a reapertura da mina de Touro baixo o nome de Arzúa Sostible.

O obxectivo de Arzúa Sostible será asesorar e facilitar tódolos trámites administrativos relacionados coa oposición aos plans de reapertura da Atalaya Mining para Touro. A nova entidade ofrecerá tamén toda a información á poboación interesada na problemática que o eido mineiro está a xerar a nivel territorial.

Axudas polémicas

Recentemente unha nova polémica avivou o conflito en torno a Mina de Touro. A entidade Cobre San Rafael anunciaba a concesión de 25.000 € en axudas a entidades sen ánimo de lucro da comarca de Arzúa.

Estas axudas, denominadas pola mineira “Terras da xente”, foron moi criticadas desde distintos colectivos. Arzúa Sostible considera que son “unha mera compra a golpe de talonario que pretende mercar o apoio de entidades locais da bisbarra”. Engaden que esa cantidade de cartos pode considerarse “calderilla” dado o volume de negocio que Atalaya Mining ten en Andalucía.

Outro dos argumentos que se dan desde a nova asociación é que as axudas se ofrecen dentro da estratexia de Responsabilidade Social da compañía. Arzúa Sostible lembran o contrasentido de dicir esto mentres que “tanto Atalaya Mining como Explotaciones Gallegas acumulan tanto queixas veciñais como expedientes sancionadores polas moitas irregularidades cometidas tanto en Andalucía como en Galicia”

Poñen como exemplo que  “a Responsabilidade Social Corporativa de Atalaya Mining é tal en Riotinto que a súa expansión do negocio mineiro e as súas voaduras con explosivos ademais de nubes de po están a provocar fendas en muros, teitos e paredes nas casas da veciñanza do barrio do Alto de la Mesa, que veñen de organizarse nunha plataforma veciñal para reclamar os seus dereitos fronte aos abusos dunha compañía tan socialmente responsable  que ademáis rexeita facerse cargo dos danos”.

Pola súa banda, Explotaciones Gallegas, propietaria da mina de Touro recibiu nos últimos anos máis de 80.000 euros en multas polas súas verteduras e irregularidades cometidas en relación co dominio público hidráulico.

Firme oposición

A plataforma Arzúa Sostible recorda que “aínda que as empresas se esforcen en mercar a vontade popular o proxecto da mina de Touro tivo, ten e terá unha completa falta de licenza social e que a pandemia non pode ser e excusa para pretender impoñer unha explotación que comportará un serio impacto negativo sobre a saúde pública e a conservación ambiental da comarca de Arzúa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies