Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

As bicicletas son para Papa Noel

arzua-papanoelada-cicloturista-slide-16-decembro-2024_r

Bisbarra, 16 de decembro do 2024 – As bicicletas son para Papa Noel, iso é o que pensa polo menos o concello de Arzúa que ven de convocar unha “papanoelada cicloturista”.

A Concellería de Turismo ven de convidar á veciñanza a “poñerse o pucho de Papá Noel e desfrutar dunha mañá de deporte, diversión e moito espírito festivo” na I Papanoelada Cicloturista do Concello de Arzúa. A cita o domingo 22 de decembro, co murmurio da lotería de fondo, con saída da Praza de Galicia.

Tanto sexas de moito pedalear como de pouco terás opcións. A primeira ruta é por “Se che gusta pedalear con ritmo”, 17 km pola contorna de Arzúa, pasando polas Barrosas e outros recunchos cheos de encanto. Saída ás 09:00 h. 

A segunda é especial para os máis pequenos e as súas familias. Un percorrido de 4 km pensado para que todos poidan pasalo en grande con saída ás 11:00 h.  A proposta é disfrazarse de Papa Noel ou engadir un toque navideño. Desde Arzúa din quere encher as rúas “de cor, sorrisos e moita maxia”.

Non tes bici? tranquilo, haberá un servizo de préstamo de bicicletas para que ninguén quede sen participar. 

Ao rematar as rutas  unha deliciosa chocolatada con biscoito agrada aos participantes para repoñer forzas e seguir co espírito festivo. 

Inscricións gratuítas

Inscríbete ata o xoves, 19 de decembro, enviando un correo a nadalarzua@gmail.com ou cubrindo o formulario que atoparás no seguinte enlace. 

Unha actividade para todos

Begoña Balado, concelleira de Turismo, Comercio e Promoción Económica, anima a todo o mundo a unirse  “Que mellor maneira de vivir o Nadal que pedaleando pola nosa vila, gozando da contorna e compartindo risas con amigos e familiares? Será unha mañá inesquecible para todos, desde os máis pequenos ata os maiores”.

Post navigation

Previous: Pinocho no Nadal de Compostela
Next: Pasos cara un polígono industrial na Baña

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.