Arzúa, 22 de decembro do 2020 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que desde hoxe martes repartirase de balde o calendario para o ano 2021.
O primeiro reparto comezará hoxe martes 22 coincidindo coa feira. Será a partir das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Repartiranse un total de 500 exemplares do calendario.
A partir de mañá mércores, os veciños e veciñas tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal.
Nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias. Estarán dispoñibles no Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O Furancho de Santiso, La Bodega de José, Bar Karper, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo, Café Teatro, Bar D`Susan, Confitería La Esquina, Mesón Os Catro Ventos, Libraría Cartafol e Os Picariños. Tamén haberá exemplares do calendario no Centro de Saúde e Piscina climatizada.
Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.
Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada adicadas este ano ao Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa. Cada folla permitirá, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar as doce fotografías premiadas no concurso “Arzúa Camiña” convocado este ano polo Departamento de Cultura.