Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Arzúa reforza a feira do Capón

arzua feira do capon SLIDE 9 setembro 2025.jpg

O concello de Arzúa traballa para reforzar a tradicional Feira do Capón. A concelleira de Turismo, Begoña Balado reuniuse co director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén na que participaron representantes da Policía Local e persoal técnico municipal.

O encontro, solicitado pola concelleira, tivo como obxectivo poñer en valor a feira de Arzúa e avanzar en medidas tanto a nivel comercial como turístico, integrándoa no circuíto das feiras máis importantes de Galicia, que quere impulsar a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co obxecto de poñelas de relevo pola súa dotación de produtos e servizos

A reunión serviu tamén para abordar o impulso da tradicional Feira do Capón, que se celebra o 22 de decembro. O Concello quere reforzar o seu atractivo como cita de referencia. Tras a xuntanza, o director xeral e a concelleira visitaron a feira quincenal do 8 de setembro, na compaña de membros da Asociación do Centro Comercial Aberto.

Gabriel Alén subliñou que esta visita enmárcase nunha das estratexias que teñen dentro da Dirección Xeral de Comercio, que é “revitalizar, dinamizar e impulsar algo tan importante como son as feiras de Galicia”, e destacou “o seu papel fundamental de dinamización da vida económica e social das distintas localidades”. Engadiu que “as feiras precisan regulación, poñendo en valor a venda ambulante como apoio ao comercio local”.

O director xeral tamén lembrou que no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 se recollen accións para promover un circuíto de feiras na Comunidade. Neste marco, resaltou que “o obxectivo é continuar traballando para configurar un circuíto de feiras con estándares de calidade tanto en servizos como en organización, axudando a homoxeneizar as ordenanzas municipais para facilitar e dignificar o traballo dos autónomos ambulantes convertendo as súas vendas nunha forma de mercado de atracción ao comercio local das vilas e cidades”.

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Begoña Balado, agradeceu a visita e destacou que “a feira de Arzúa é un punto estratéxico na comarca e unha das máis antigas de Galicia”. Subliñou que “a súa integración no circuíto das feiras máis importantes da Comunidade é fundamental para consolidala como referente en toda Galicia”.

Balado apuntou tamén que a feira de Arzúa “é un motor económico e social para o noso municipio”. Destacou que a súa inclusión no circuíto que está a promover a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración “abrirá a porta a novas subvencións que permitirán reforzar esta cita, ampliar a súa proxección e consolidala como referente para o comercio e o turismo durante todo o ano”.

Post navigation

Previous: Comeza a funcionar a Cociña central de comedores escolares de Ames
Next: O Centro Xove sube o nivel

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.