Arzúa, 8 de xullo do 2017.- O goberno municipal de Arzúa logrou reducir a coñecida como débeda viva en preto de 600.000 euros dende o ano 2011 según datos do ministerio de facenda.
No 2011 José Luis García chega a alcaldía de Arzúa baixo as siglas de Son de Arzúa, en ese momento o concello atópase cunha débeda viva de 1.340.000 euros que obriga ao novo equipo a plantexar unha xestión de aforro sen que iso reduza o servizos que se ofrecen.
Coincide este período cos anos máis duros dunha forte crise económica que afectou profundamente á capacidade económica dos concello minguando as súa posibilidades de inversión e crecemento. A redución da débeda cadra ademais no caso de Arzúa coa circunstancia de que o goberno municipal de José Luís García ten que empezar a pagar a partir do ano 2012 o préstamo de 800.000 euros solicitado polo goberno anterior en vésperas das eleccións do 2011. Por si esto fora pouco o goberno de José Luís García tivo que facer fronte no ano 2012 ao pago de 782.000 euros en facturas atrasadas para o pago a provedores.
Aínda así, o actual goberno foi capaz de reconducir a situación e baixar considerablemente o nivel de débeda viva despois de sufrir ademais outros importantes contratempos como foi a subida dos custes de SOGAMA para o tratamento dos residuos ou incremento do IVE do 18 ao 21% actual.
As últimas cifras ofrecidas polo Ministerio de Facenda corresponden ao mes de decembro de 2016, o Concello de Arzúa ten nese momento unha débeda viva de 764.000 euros; ou sexa, 578.000 euros menos ca no 2011.
O alcalde, José Luis García, queixo salientar “o importante e tedioso traballo que está detrás destas cifras, que reflicten non só a nosa capacidade de xestión senón o noso compromiso por acadar un concello saneado e sostible económicamente”, indicando ademais que “éstas son cousas que moitas veces non se ven e non interesan porque non teñen un rédito político a nivel de votos pero que no fondo supoñen un avance importante para a estabilidade dun concello e dos seus veciños, que para nós é o fundamental”.