Bisbarra, 1 de marzo do 2023 – Presentouse en Arzúa o cupón da ONCE conmemorativo da Festa do Queixo de Arzúa, unha colaboración que se da por primeira vez.
O idea da Festa do Queixo nun cupón da ONCE foi solicitada polo concello cun ano de antelación.
Jose Antonio Riveiro Canosa, director da Once en Santiago de Compostela, fixo entrega a Jose Luís García, alcalde de Arzúa, do cadro co cupón enmarcado nº 00000.
Os protagonistas destacaron que se fixo unha tirada de máis 5 millóns de cupóns para toda España, para o sorteo que se celebrará este xoves día 2 ás 21 h.
O premio ao gañador será de 35.000 euros ao número e 500.000 ao número é á serie. E falaron xa do cupón conmemorativo do 50.º aniversario da Festa do Queixo que se celebrará no 2025.