Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Arzúa asume a presidencia da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés

arzua camino frances 7 novembro 2025

O Camiño Francés tiña a presidencia en Triacastela que cede o cargo ao municipio de Arzúa. A concelleira que asume o posto e Begoña Balado e a Vicepresidencia estará a cargo de Melide e do tenente de alcalde Xosé Igrexas.


A presidencia da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés achégase a Santiago xa que estará en Arzúa, quedando a Vicepresidencia en Melide. Un cambio que se produce no organismo cada dous anos e que segue un orde alfabético.

A responsable da presidencia será a concelleira de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Acción Urbana de Arzúa, Begoña Balado. Pola súa banda Xosé Igrexas, tenente de alcalde de Melide, asume a vicepresidencia.

A nova presidenta, Begoña Balado, afirmou que afronta esta nova etapa “con ilusión e responsabilidade, co compromiso de seguir traballando pola promoción do tramo galego do Camiño Francés e pola súa posta en valor como un dos itinerarios máis emblemáticos e transitados da ruta xacobea”.

Engadiu que “é un reto moi importante para min, porque creo na promoción e no turismo, que son a miña paixón. É unha responsabilidade que asumo con orgullo e espero estar á altura dos anteriores presidentes, aos que quero agradecer o seu traballo”.

Balado destacou ademais que a Mancomunidade “é unha das entidades máis importantes do noso país, e quero recalcar o seu bo funcionamento, xa que nela colaboran once concellos de diferentes ideoloxías políticas, pero todos deixamos esas diferenzas á marxe. De aí o éxito e o bo entendemento que sempre caracterizou esta entidade”.

A presidenta avanzou tamén que entre os obxectivos inmediatos está “impulsar novas iniciativas que melloren a experiencia dos peregrinos e dean visibilidade aos recursos patrimoniais, naturais e gastronómicos de cada municipio”. Ademais, subliñou que “temos moitos proxectos e moitas sorpresas por diante, tanto para a promoción do Camiño como para dinamizar a actividade económica dos once concellos que forman parte da mancomunidade”.

Post navigation

Previous: Touro oculto, un patrimonio por descubrir
Next: A concelleira de educación de Ames, Carmen Porto, abandona a corporación

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.