Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

Tamar Novas será o pregoeiro da 48ª edición da festa do queixo de Arzúa

O concello de Arzúa prepárase para a 48ª Festa do Queixo e ven de anunciar que o actor santiagués Tamar Novas será o pregoeiro.
arzua-pregoeiro-festa-do-queixo-slide-7-febreiro-2023_r

Bisbarra, 7 de febreiro do 2023 – O concello de Arzúa prepárase para a 48ª Festa do Queixo e ven de anunciar que o actor santiagués Tamar Novas será o pregoeiro.

A corenta e oito edición da Festa do Queixo celebrarase os días 3, 4 e 5 de marzo. Tamar súmase a unha longa lista de pregoeiros e pregoeiras ilustres, como Susana Rodríguez Gacio (2022), Benedicta Sánchez (2020), Benigno Campos (2019), Tonhito de Poi (2018), María Castro (2017) ou  Xosé Lois ‘O Carrabouxo’ (2016).

O que fora premio Goya como actor revelación, cunha carreira cinematográfica e televisiva chea de éxitos, descende de pai e avós paternos arzuáns. Tamar dará o discurso de apertura do evento, o sábado 4 de marzo ás 11 h no campo da feira de Arzúa.

Tamar, nacido en Santiago o 3 de outubro de 1986, debutou como actor con tan só 11 anos en “A Lingua das bolboretas”, e con 18 gañou o Goya Revelación por “Mar adentro”. Ademais de Jose Luis Cuerda e Alejandro Amenábar, traballou entre outros directores e directoras, ás ordes de Pedro Almodóvar, Isabel Coixet, Milos Forman, Daniel Calparsoro ou Gerardo Herrero. 

Ten feito numerosos traballos en televisión, como “A vida por diante”, “Fariña”, “Altamar”, “El desorden que dejas”, Veneno… E en teatro, con varias producións do Centro Dramático Nacional. Recentemente estreou “O Corpo Aberto”, e ten pendente de estrea a serie “Los pacientes del doctor García” e as películas “Un pasado por delante”, “Nowhere” ou “Justicia Artificial”. 

O actor santiagués, afincado en Madrid, está moi vinculado a Arzúa, pola aldea de seu pai e dos seus avós paternos, Figueiroa. Tamar leva con orgullo as súas raíces e mantén os vínculos con estes lugares, volvendo tanto en festas como o resto do ano para visitar á súa familia e desfrutar da súa terra.

Post navigation

Previous: Oroso presenta un Entroido no que cabe todo
Next: Move a Lingua!

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.