Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Encontros culturais de inverno nas parroquias de Arzúa

PROGRAMACION

PROGRAMACION

Bisbarra, 23 de xaneiro do 2025 – O Departamento de Cultura de Arzúa continúa coa programación dos primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno.

O obxectivo é converter estas reunións nun lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias de Arzúa, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades.

Esta programación achegarase as parroquias cun programa titulado As parroquias contan. Ofrecerase unha sesión de contos para todos os públicos a cargo do cómico arzuán Xan Veiga e, ao remate, unha chocolatada á que estarán convidadas todas as persoas asistentes.

A primeira noitiña nas parroquias de Arzúa será este venres, 24 de xaneiro, no local social de Santo Estevo do Campo ás 20:30 h. E contarase con outra o venres 14 de febreiro á mesma hora no local social de Burres. A entrada será libre e de balde.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a participar nestes encontros pensados para dinamizar culturalmente tamén as nosas parroquias e para crear un espazo de socialización entre veciñas e veciños”.

Post navigation

Previous: A Semana Santa de Compostela xa ten cartel
Next: Ames negocia co “banco malo”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.