займ срочно

Arzúa, Negreira e Oroso celebrarán o entroido

0

Bisbarra, 8 de febreiro do 2022 – Arzúa, Oroso e negreira presentaron xa a súa programación de entroido mentres que outros concellos traballan en ela cun ollo posto nas restricións.

A Asociación da Festa da Filloa valora se celebrala, Vedra inclúe na programación da Camelia un atranque de Xenerais infantís e os propios Xenerais da Ulla están acabando de rematar unha programación de Entroido que non deixa de ser complexa de deseñar.

O entroido en Arzúa

O Concello de Arzúa organiza para o Entroido cinco días de actividades que darán comezo o sábado 12 cun obradoiro de iniciación á batucada. Será no primeiro andar do Multiusos Terra do Queixo ás 17:00 para nenas e nenos de 8 a 14 anos e ás 18:30 para persoas de 15 anos en diante. As prazas son limitadas e as inscricións están abertas no Departamento de Cultura ou chamando ao 981500222.

O domingo 20 Arzúa acollerá desde as cinco da tarde o Concurso de Disfraces no Multiusos Terra do Queixo onde se desenvolverán as actuacións dos participantes e se fará a entrega dos premios que superan os dous mil euros repartidos entre as categorías de comparsas, grupos, individual infantil e individual adulto.

As actividades continúan o domingo de Entroido, 27 de febreiro, co grupo de gaitas O Bringuelo que animará coa súa música as rúas da vila de doce a dúas do mediodía.

Na xornada do luns 28 terá lugar o contacontos musicado O son que me arroupa a cargo da Asociación Antonio Gandoy. Unha proposta teatral e musical para público infantil e familiar, que presenta as pezas do traxe tradicional feminino a través de fragmentos de cantigas tradicionais. A función terá lugar ás seis da tarde no primeiro andar do Multiusos Terra do Queixo.

A programación complétase na tarde do martes de Entroido, o día 1 de marzo, cunha festa de inchables en horario de 16:00 a 19:00 e, a continuación, levarase a cabo unha actuación para toda a familia a cargo de Circus Maginifucus cunha combinación de teatro, acrobacias, malabares, clown e moitas risas. Estas actividades realizaranse na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Pavillón Polideportivo de O Viso.

O entroido de Negreira

O Concello de Negreira organiza unha festa de entroido segura ao aire libre, despois de que a Consellería de Sanidade publicara o protocolo autorizando a celebración de desfiles. O tradicional desfile de carrozas e comparsas do sábado de Entroido e, o concurso infantil de disfraces do luns de Entroido, serán os dous actos principais.

 O sábado, día 26 de febreiro, as actividades comezarán ás 16:00 horas coa concentración dos participantes no Campo da Feira. E ás 17:00 horas, comezará o desfile a través da Carreira de San Mauro. Ás 20:00 horas terá lugar a entrega de premios coa presenza dos humoristas: Tonhito de Poi e Alberto Piñeiro, así como a actuación dun dúo musical na praza do Concello.

Os premio para as mellores carrozas e comparsas levarán 1.000 euros, o de grupos 200 € e o de individual ou parellas 100 €. Haberá tamén premios económicos para os segundos e terceiros de cada categoría e mesmo os cuartos de carrozas e comparsas.

 Entregarase ademais o Premio simpatía “Juan Varela Areoso” que sopón  60 €.

O concurso de disfraces infantil contará con dúas categorías, nenos/as de 1 a 6 anos e, nenos/as de 7 a 16 anos. Os premios van desde reloxo intelixente ou unha tablet ata un cheque regalo de 150 euros.

Oroso tamén celebrao entroido

O sábado 26 de febreiro pola tarde, as comparsas participantes farán un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartirá máis de 3.000 euros en premios para as mellores comparsas e disfraces en categoría Adultos e Infantil.

Á marxe desta actividade, Oroso celebrará un concurso de máscaras e dous obradoiros, un de máscaras venecianas e outro de elaboración de filloas e rosquillas de Entroido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies