Bisbarra, 14 de decembro do 2023 – O concello de Arzúa organiza a Campaña do Comercio Local Arzúa o teu mellor agasallo de Nadal en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA) e ABANCA.
Desde a Concellería de Promoción Económica de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organízase esta promoción que consiste nun sorteo de 50 tarxetas con 3000 € en regalos no que pode participar calquera persoa maior de idade que compre nos comercios e locais de restauración de Arzúa, durante o período da promoción.
Este mércores tivo lugar a presentación da iniciativa no Concello de Arzúa a cal asistiron a concelleira Begoña Balado; Uxío Villar, director da sucursal de ABANCA de Arzúa; Santiago Villanueva, técnico de turismo do Concello e Cristina Carril, técnica de AECA. Segundo Begoña Balado “é unha forma de dinamizar e poñer en valor o noso comercio local coa intención de seguir reactivándoo no 2024”.
Poderán participar na campaña todas as persoas maiores de idade, que compren calquera produto ou servizo nos comercios e locais de restauración incluídos dentro do Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA), a excepcións dos supermercados, farmacias e gasolineiras, os cales quedan fora por ser servizos esenciais.
Os participantes deberán realizar compras superiores a 30€ en calquera establecemento do Centro Comercial Aberto de Arzúa. No tícket, superior a 30€, deberán escribir no reverso o seu nome e apelidos, DNI e número de teléfono, con letra clara e lexible.
Os tíckets debidamente cubertos, deberán ser depositados na urna habilitada na entrada da Casa do Concello, ata o 11 de xaneiro de 2024. Poderá́ ser válida a participación da mesma persoa en tantos tíckets como compras realice cumprindo estas bases.
A campaña finaliza co sorteo dos premiados ou premiadas o 17 de xaneiro de 2024 ás 12 horas na Capela da Madanela ante o secretario municipal do Concello ou funcionario municipal.