Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

AstroGalicia formará parte do Nadal de Arzúa

AstroGalicia Final

AstroGalicia Final

Bisbarra, 13 de decembro do 2024 – O Nadal de Arzúa incluirá este ano unha das citas máis interesantes da bisbarra, o encontro denominado AstroGalicia os días 21 e 22.

O Departamento de Cultura do Concello destaca AstroGalicia como unha das novidades da programación de Nadal. Consiste nun espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía, que conta co apoio as asociacións galegas de amadores da astronomía.

O evento, cualificado como a festa galega das estrelas, celebrarase no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa os días 21 e 22 de decembro con diversas actividades encamiñadas a achegar a astronomía a todos os públicos. Durante toda a fin de semana sucederanse en AstroGalicia obradoiros, charlas, seminarios, exposicións e observacións.

As charlas, impartidas sempre por astrónomos ou astrónomas profesionais en activo, teñen un nivel divulgativo e son de acceso libre. A maiores, as persoas inscritas poden participar en obradoiros de diferentes niveis dende a iniciación á astronomía a seminarios de nivel avanzado.

AstroGalicia está organizado polo proxecto Ceos Galegos e conta co apoio das asociacións AstroVigo, Asociación Astronómica Rías Baixas, Club Compostelán Vega de Astronomía, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Asociación Astronómica Sirio e a Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.

A edición 2024 é patrocinada polo Concello de Arzúa e conta coa colaboración do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa e da Fundación Ciencia, Ceo e Cultura. Pódese consultar toda a información actualizada na páxina web ceosgalegos.com.

Post navigation

Previous: Osos, elefantes e unha aldea viquinga no Nadal do Gaias
Next: Toda a programación do Mercado da Estrela que hoxe comeza

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.