Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

O IES de Arzúa celebra os Erasmus Days

ues-arzua-erasmus-days-slide-normal-17-outubro-2024-(3)_r

Bisbarra, 17 de outubro do 2024 – O IES de Arzúa celebra hoxe é mañá os Erasmus Days, xunto con a milleiros de centros de toda Europa, como se pode ver no seguinte enlace https://www.erasmusdays.eu/events/ .

O IES de Arzúa é unha escola acreditada Erasmus+ desde 2022, acreditación concedida até 2027. O instituto ten na actualidade varios programas Erasmus, un de ensino regular KA121 e outro de ensino profesional KA121VET.

Desde o IES explican que o Erasmus “é un piar fundamental da nosa escola, xa que non é só un proxecto de excelencia educativa, senón que se enmarca dentro do noso plan de internacionalización que pretende que o noso alumnado obteña oportunidades de formación inesquecíbeis alén das portas do instituto”.

O Erasmus ten por obxectivo a promoción dos valores de convivencia e solidariedade da UE a través da educación. O proxecto Erasmus+ de ensino regular do IES de Arzúa, que leva o nome de “Camiños de Europa”, promove o intercambio de experiencias educativas tanto para alumnado como para profesorado.

Todas as actividades buscan promover e fortalecer uns valores fundamentais, tales como, a inclusión e a diversidade, a concienciación cultural e patrimonial, o desenvolvemento das habilidades lingüísticas, a protección e concienciación ambiental e a alfabetización dixital.

Boas experiencias

O ano pasado o proxecto de ensino regular KA121 mobilizou un total de 23 alumnos e alumnas en diferentes tipos de mobilidade con escolas de Chequia, Italia, Portugal e Francia. Ademais, un total de 10 profesores e profesoras fixeron mobilidades de formación de diferente índole en Portugal, Francia, Chequia e Malta.

Traballando no futuro

Este ano, preparan unha mobilidade grupal, con alumnado de 3º e 4º de ESO, a unha escola secundaria de Angra do Heroísmo (Azores, Portugal) e tamén temos previsto mobilidades de alumnado grupal e individual con escolas de Países Baixos, Noruega e Francia.

Así mesmo, organizarán experiencias de observación e formación en escolas estranxeiras para profesorado. Por outra banda dous expertos visitarán o centro co obxectivo de organizar obradoiros e charlas que traballen polo miúdo os valores do programa.

O ano pasado, tamén mobilizaron un pequeno grupo de alumnado de Formación Profesional de grao básico e medio e conseguiron que fixesen as súas prácticas en varios países estranxeiros (Portugal, Chequia e Italia).

A intención é “pór a Arzúa no mapa dos Erasmus e da Unión Europea e difundir o programa, non só na comunidade educativa, senón tamén en toda a vila de Arzúa. Pensamos que abrir as mentes do alumnado e garantir un ensino de calidade con mentalidade galega e internacional ten un impacto positivo non só no noso centro, senón en toda a sociedade arzuá e, por extensión, en toda Galiza”.

Post navigation

Previous: Nace en Compostela o “Mercado da luz”
Next: Boqueixón investirá 60.000 euros na mellora enerxética do pavillón polideportivo do Forte

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.