Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Axenda
  • Xeral

“Tu Futura Exmujer” gaña o concurso “Queixo Maquetón” na Festa do Queixo de Arzúa

O grupo de Carballo “Tu Futura Exmujer” ven de gañar o concurso de grupos da Festa do Queixo de Arzúa, o denominado “Queixo Maquetón”.
festa-queixo-ganhador-maqueton-slide-5-febreiro-2024_r

Bisbarra, 6 de febreiro do 2024 – O grupo de Carballo “Tu Futura Exmujer” ven de gañar o concurso de grupos da Festa do Queixo de Arzúa, o denominado “Queixo Maquetón”.

O anterior gañados, “Apart”, tamén procedía de Carballo. En esta 15º edición do concurso “Tu Futura Exmujer” levará como premio 1.300 € e actuarán no Festival do Queixo o sábado 2 de marzo dentro da 49.ª edición da Festa do Queixo.

Trátase dun grupo indie de son garaxe, melodías psicodélicas, letras tanto tristes como cheas de retranca, soando nostálxico pero moderno. Haime Regueiro, voz e guitarra, formou parte de bandas recoñecidas en Galicia como Aula 11, sendo baixisita; entrou en 2018 como teclista de Elvis Negro e temporalmente en Arabian Evils.

Manu Eirin, guitarra e sintetizadores, foi tamén integrante de Aula 11 como guitarrista e dende 2018 de

Elvis Negro como baixista.

 Dany Vecino, batería e coros, foi o batería fundador de Arabian Evils co que sacaron dous Eps:

“We offer but no incite” e “Mono en patín”.

 Iago Pardiñas actualmente forma parte da banda carballesa “Apart”, tamén como baixista.

 O seu primeiro single saíu no 2020, “Lo intentamos”, e desde aquelas levan publicados 5 singles e un EP homónimo totalmente gravado e editado con medios precarios por Haime, o vocalista. En 2022 publican o primeiro adianto do seu primeiro álbum “Novos millonarios” gravado e mesturado por Julián Goikoa (baixista en Mundo Prestigio) que saíu en 2023.

 Xurado 2024

O xurado desta edición 2024 estivo composto por José Ramón Bernárdez, de Radio Arzúa, Alberto Alfonso, director do festival do queixo e Nonito Pereira, investigador e divulgador musical. Tras o grupo carballés, quedaron finalistas as bandas Capital Voskov, desde Muros, Foz e Pontevedra; Saso desde A Estrada; Sweet Q desde Madrid, e Ulex desde Santiago.

Post navigation

Previous: Presentan a adaptación gráfica de “Memorias dun neno labrego”
Next: A ANPA Xallas, do Barrié de la Maza de Santa Comba, reclama a rehabilitación integral do colexio

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.