Arzúa, 31 de xullo do 2017 – Este martes 1 de agosto as 19 horas terá lugar na capela da Madanela en Arzúa, a inauguración da exposición Bo Camiño formada por traballos de distintos artistas en torno a ruta xacobea.
A exposición estará situada durante todo agosto na capela da Madanela. Trátase dunha mostra multidisciplinar de artistas galegos na que o fío condutor é concepto do Camiño de Santiago.
Cada un dos artistas participantes elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu do Camiño de Santiago. Unha obra acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o Camiño , co que se pretende invitar o visitante a reflexión
A idea final da exposición da Madanela é construír unha imáxe contemporánea do Camiño a través da obra de artistas galegos. A frecha amarela interpretada por Jorge Agra, Xer Refojo, Jorge Espiral, e Marco; as botas de Toño de López, os pes do peregrino de Isabel Alonso; a rúa de Santiago de Xabier Carrasco; a representación da catedral de Rebeca Novo e Miguel Anxo Macia; as travesas do tren de Violeta Bernardo, a estación de chegada de Mila Vázquez; os palleiros de Baldomero Moreiras, a palloza do Cebreiro de Noa Persán, as paisaxes do Camiño de Germán Limeres, Marcos Real e Filipe Rodrigues , o xogo da oca de Honorio, o irmá do camino de Fernando Yáñez, e os peregrinos de Camilo Seira, Oscar Aldonza e Luis de las Cuevs.
A capela da Madanela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal.O primitivo retábulo, datado no século XVI, era todo de pedra, e só se conserva del a predela, ubicada, actualmente, no lugar que se cre ocupaba antaño. Atópase na Rúa Cima do Lugar, no tramo urbano do Camiño de Santiago, foi reinaugurada, como sala cultural, o día 21 de xuño de 2006, coa exposición itinerante de Maruxa Mallo “A transgresión feita muller”.