Arzúa, 15 de xaneiro do 2020 – O concello de Arzúa inaugura esta tarde, as sete e media na biblioteca municipal, unha exposición de antigas postais sobre o Camiño de Santiago.
A mostra leva por título Camiño Com Postal e está impulsada desde Apecsa, a Asociación de Periodistas do Camiño de Santiago. Esta patrocinada pola Xunta de Galicia dentro do programa O Teu Xacobeo e recolle antigas postais dos distintos pobos polo que discorre a ruta.
A exposición estará aberta ata o próximo día 25. Na inauguración estarán presentes a concelleira de cultura, Aurora Varela Duro; o técnico de cultura, Marcos Pampín; o presidente de APECSA, Xosé Mª García Palmeiro, e o vicepresidente, Luís Celeiro; así coma o comisario da mostra, o xornalista e reporteiro gráfico José Manuel Salgado.

