Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Axenda
  • Xeral

Arzúa busca converterse no epicentro comarcal do eclipse total de sol de 2026

A Concellería de Turismo de Arzúa traballa na organización dunha programación especial arredor desta cita histórica

ARZUA ECLIPSE DE SOL_2 9 FEBREIRO 2026

Arzúa prepárase dun xeito especial para o eclipse total de sol que terá lugar o vindeiro mes de agosto. O concello busca converterse no epicentro da cita dentro da bisbarra organizando un programa de actividades especiais.

A concellería de turismo márcase como obxectivo ofrecer unha experiencia aberta, divulgativa e pensada para todos os públicos. A concelleira, Begoña Balado, destaca a importancia do evento para o municipio: “Estamos ante unha oportunidade histórica. Arzúa está nunha posición privilexiada para vivir o eclipse total e queremos que sexa unha experiencia compartida por veciños, peregrinos e visitantes”.

O punto elixido para a observación será a parroquia de Santa María, no Campo da Festa, un espazo amplo, cómodo e estratéxico, situado preto do núcleo urbano. Esta localización facilitará a participación cidadá e permitirá acoller con garantías ás persoas que se acheguen desde distintos puntos da comarca.

Segundo explica Balado, a elección deste emprazamento responde a criterios tanto técnicos como sociais: “O Campo da Festa é un lugar ideal para a observación: aberto, accesible e moi próximo ao centro de Arzúa, o que nos permite garantir comodidade e seguridade para todas as persoas asistentes”.

Ademais da propia observación do eclipse, Arzúa prevé organizar unha xornada con obradoiros e talleres de divulgación astronómica, pensados para todos os públicos, cun enfoque didáctico e familiar. “Queremos que o eclipse sexa tamén unha oportunidade para aprender, para espertar a curiosidade científica e para gozar da astronomía dunha forma próxima e amena”, sinala a concelleira.

Desde a Concellería de Turismo sublíñase tamén o papel de Arzúa como punto comarcal estratéxico para vivir este fenómeno único, tanto pola súa localización como pola capacidade de acollida do municipio e a presenza constante de peregrinos do Camiño Francés.

“Arzúa ten todo para converterse no lugar de referencia da comarca para vivir o eclipse. É un evento que vai máis alá dun momento puntual e que pode ter un impacto moi positivo a nivel turístico e social”, engade Balado.

A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa anunciará en breve a programación completa, así como os detalles das actividades previstas e as recomendacións necesarias para unha observación segura do eclipse total de sol.

Post navigation

Previous: Lousame recupera o Desfile de Disfraces de Entroido
Next: Frades aproba os orzamentos 2026

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.