Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Arzúa presenta o Día do Comercio Local 2024

arzua-dia-do-comercio-local-slide-29-novembro-2024_r

Bisbarra, 29 de novembro do 2024 – A Concellaría de Turismo, Promoción económica e Acción urbana do Concello de Arzúa presenta o Día do Comercio Local que se celebrará o domingo 8 de decembro.

Arzúa confirma a participación de vinte e nove establecementos aos que, nunha reunión este xoves, presentoulles a programación preparada para ese día.

Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, o Arzúa organiza varias actividades na rúa que se poderán desfrutar de xeito gratuíto durante todo o evento e tamén nos días previos.

O programa de actos comezará o día 5 de decembro coa apertura dun Carrusel que estará instalado na Praza de Galiza e que, na súa primeira xornada, estará operativo de 16:00 a 21:00 h. Os días 6, 7 e 8 abrirá en horario de 11:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h.

Para subir ao Carrusel será necesario presentar un tícket que se poderá conseguir por mercas nos establecementos participantes dende o luns día 2. Por cada 10 euros de merca, recibirás un tícket.

Durante a tarde do 8 de decembro tamén haberá diferentes inchables para público infantil, así como xogos e obradoiros para todos os públicos. Estas actividades terán lugar na Praza de Galiza en horario de 16:00 a 20:00 h.

Para animar a xornada actuará a Charanga Santa Compaña de xeito itinerante na praza e polas rúas da vila a partir das 17:30 h. e a Rondalla Moraima fará unha ruta polos locais hostaleiros participantes a partir das 19:30 h. acompañando así a ruta de tapas.

Paralelamente, durante toda a xornada, os comercios inscritos ofrecerán descontos de ata o 70%, sorteos, agasallos e ofertas especiais en locais de todo tipo como zapaterías, tendas de roupa, librarías ou xoierías, entre outros.

A concelleira responsable da área de promoción económica, Begoña Balado, manifestou que “desde o goberno local quéreselle dar continuidade a este evento e impulsalo dotándoo de máis orzamento e con novas propostas arredor del”. Tamén lles quixo transmitir que se está a traballar “en novas iniciativas de dinamización comercial e de apoio ao comercio de proximidade con diferentes accións a desenvolver no vindeiro Nadal e no próximo ano”. Ademais, Balado escoitou as ideas, inquedanzas e propostas dos presentes na xuntanza.

Post navigation

Previous: Brión aproba dúas modificacións de crédito de 1,1 millóns de euros
Next: A Baña aproba en pleno distintas medidas relacionadas cos impostos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.